Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1957
29/07/1957Buenos Aires 29 de xulio de 1957
Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Castro de Osedo
Recibín todo o que enviaches. O teu mañífico libro, os dibuxos de Torres que están agora expostos no Centro Lucense e as túas porcelanas. Istas foron difíciles de sacar do barco, tivemos que sacalas en catro viaxes ao porto. Non é un bo procedimiento envialas ao traveso dun axencieiro. Teñen de ser traguidas por alguén que de verdade se encárregue do que lle encomenda. Tamén salíu o teu libro Midas e O ángulo de pedra. Remítocho por correio aparte. Estou a procurar unha sociedade editora. Sacamos tres libros, os outros son de González López e Valenzuela. Agora irá a imprenta un tomiño sobor grabado galego contemporáneo co que se pode facer eiquí.
Son necesarios mais dibuxos ou estampas, ou grabados pra Sala do Centro Lucense, non chegou ren aparte de Torres Valentín anunciome que tragía dibuxos teus que irei a recollelos no hotel mañán. Antonio deume o álbum de dibuxos que me anunciaras.
Escríboche de moita presa pois non quero que pase outro día sin facelo. O teu libro de dibuxos e prosae do millor que se fixo nise xénero. Deume unha grande alegría recibilo. Xa faleremos díl. Penso que o de teatro é tamén un libro notábel. Incorporas un mundo inédito ao teatro galego. Preciso mais cousas de Ollarnovo e as fotografías que me poidan enviar, sobor todo de arte novo, de Lago, Labra, Tenreiro, Dans etc. Tamén quixera algún traballo sobor do arquiteitos novos cruñeses, como Molezún, etc.
Agradézoche moito as porcelanas que fixeches coas figuras miñas, quedaron eispréndidas ista e as dos outros pintores. No número próisimo de G[alicia] E[migrante], saen as fotografías e unha nota.
Deica pronto. Un grande abrazo de Maruja e meu para todos vos, e ti recibe a forte aperta de:
Seoane