Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1979

19/02/1979
Isaac Díaz PardoLuís Seoane
Compartir en

A Coruña, 19 de Febreiro de 1979

Sr. D. Isaac Diaz Pardo
Sargadelos

Meu querido amigo:

Confirmo con esta carta as verbas ditas persoalmente a tarde do dazaseis deste mes na miña casa. Deixo, por propia vontade, de pertenecer a calquera clase de sociedade que houbese tido contigo no pasado. Entre elas o Laboratorio de Formas, e Cerámicas de Sargadelos, as accións que me corresponden nesta sociedade, e ao Museo Carlos Maside, e, neste caso, ademais, a membro do seu Patronato. Non me quedan aspiracións de nengún xénero para o porvir. Xa entreguei moitos anos da miña vida a todo aquelo que me pareceu xusto en perxuicio dos meus intereses, como saben ben todos aqueles que me trataron. Pola miña parte dounos por perdidos. Agora é tarde para escomenzar de novo outra vida e tratar de vivir de xeito distinto a como o fixen no pasado.
Ren mais, como escribiríamos na década do 30. Envío copia desta carta a cada un dos membros do Patronato do Museo de Arte Carlos Maside e a ninguén máis. A maioría destes son meus amigos e irmáns do 36, e teño a seguridade que me comprenderán. As nosas vidas foron, de certo xeito, paralelas.

Unha aperta fonda e amiga de:

Luis Seoane

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane
  • Data:
    19/02/1979
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Isaac Díaz Pardo
  • Orixe:
    A Coruña
  • Destino:
    O Castro [parr. Osedo, conc. Sada]
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada co membrete:] LUIS SEOANE
  • Notas:
  • Termos clave: