Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Núñez Búa a Seoane. 1963

08/05/1963
Francisco Fernández del RiegoÁlvaro Gil VarelaXosé Núñez BúaValentín Paz-AndradeLuís Seoane
Compartir en


8-5-63

Querido Luís:

Onte viaxei eiquí con Álvaro Xil. Faleille do proieito de Proyecto sobre mobiliario español. Paresceulle ben e está disposto a participar ca metade do cap. que faga falla. Eu non fixen máis que apuntar a ideia, pois, lle dixen, queremos madurala ben antre os dous, denantes de perfilala pra dala en forma de Proyecto. Tamén viaxei con Pepe Fernández, o cerebro do grupo financeiro en que é executivo Álvaro. A él, craro, non lle dixen ren do asunto, pois non teño ningunha confianza co íl. A quen lle falei, xa eiquí, hoxe, foi a Valentín, quen me dixo que xa tiña falado algo contigo e que lle parece ben. Agora, fagamos o proieito do Proyecto e, cando iste o teñamos listo en forma, xa o presentaremos. Tí, que eres o xerminal, mándame unha nota extensa. Eu fareiche as ouservaciós ou engadidos que coide. Considero que hay que falar de mobiliario –no mobiliario entra todo– español ou hispánico, non só galego. Debemos querer xestar unha empresa con pulo longo, os limites xa os darán a realidade e as posibilidades financieiras. Se facemos un proyecto con afán europeo, non de rueiro, conseguiremos meios financieiros. De outro xeito afogaremos o propio anceio. Pra Magdalena xa fixen unha.
Álvaro gustou dos teus murales. Valentín di que se porá en percura de coneitarte con arquiteitos. Coido debes escribirlle ós dous. Do Proyecto podes decirlle só que conmigo andas a matinar tal Proyecto, que lle daremos a coñecer cando estea ben perfiado.
Vin a Del Riego. Estuvo moi cordial.

Apertas

Pepe

Escribe xa a La Plata Díaz 80-952 ou a Bs As: San Martín 665 – “Cenit”.

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    08/05/1963
  • De:
    Xosé Núñez Búa
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Vigo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita co membrete:] Alameda Hotel. VIGO
  • Termos clave: