Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

17-6-63

Querido Luis:

Aínda non tiven o vagar suficiente pra facer un pequeño proieito comercial do que podería ser esa empresa na que ti matinas e cuias bases, mellor, fundamentos espós con tanta xusteza, saber e craridade nas túas duas cartas. Fareino. Pol-o pronto, prégoche que copia [sic] das dúas cartas –que supoño terás– llas mostres a Álvaro, primeiro, e dempois a Valentín. Álvaro leeu a primeira e mostrouse disposto a poñer deica 3 millóns de ptas. Se é así, eu trataría, unha vez postos de acordo no básico, de atopar outros cartos. Coido que os atoparei. Álvaro, xa o verías, é home de moita tarefa, pro, pra os amigos, sempre atopa un intre. O único que non fai é escribir. Supoño xa o terás visto.
No Centro conseguín que inviten a González López, pois Martínez López sairá axiña pra Galiza. Eu coido que Emilio tampouco poderá vir, pois ten un curso de vran e non sabe si lle darán 8 días de permiso. O seu libro está no prelo. Coido que atoparemos eiquí tódolos cartos e non precisaremos facer uso do xeneroso ofrescemento de Álvaro. No C[entro] Galego hai ambente –Villamarín– pra contribuir en parte ós gastos do libro de Ben Cho Sey, pero fai falla saber cánto será. Parez que Álvaro ofresceu –díxomo íl– 50 mil ptas. Castro Rial –bó rapaz, paresce– desexa falarche. Ten amigos arquiteitos e ademáis é mandamáis do Faro de Vigo.

Teléfonos:
Ben Cho Sey- 2438932
Castro Rial- 2391392
Álvaro-Oficiña: 318000
Casa: 2612637

Apertas pra ti e Maruxa

Pepe

[Escrito na marxe esquerda:] Cando escribades a Amparo que se lembre do que lle pedín pra o meu afillado carpinteiro, xa estou en relación telefónica ca súa amiga Srta. Laferrere.

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    17/06/1963
  • De:
    Xosé Núñez Búa
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita co membrete:] CENIT. / Compañía Argentina de Seguros Generales, S.A. / SAN MARTÍN, 661. TEL. 31-9551
  • Termos clave: