Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Palmás. 1970

15/04/1970
Basilio ÁlvarezJosé Martínez RomeroRicardo PalmásLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en


A Cruña 15 de abril de 1970

Sr. Ricardo Palmás
Buenos Aires

Meu querido amigo:

Recibín a súa carta, data 4 diste mes. Viñemos de Madrid o domingo derradeiro denantes de rematada a esposición, remátase hoxe, polo meu traballo eiquí. Resulta dun gran ésito. Moitas críticas, moi boas i estensas, afirmándoa como unha das millores esposiciós da temporada, moito púbrico mozo e algunhas ventas. Estou, pois, moi contento polo resultado. Matino que a proposición de vostede pra Fundación Penzol tenlles de interesar, coma ten interés o posíbel traballo sobre a violencia en Galicia e as rebeliós campesinas dende a Edade Media deica Castrelo de Miño, cun capídoo moi interesante que tería de sere o referido ao movimento agrario dirixido por Basilio Álvarez na segunda decena deste século. Comprendendo na violencia a emigración, que é outra forma de violencia.
Non sei nada da coleitividade. Supoño que o Instituto Arxentino de Cultura Galega é a Comisión de Cultura do Centro Galego, unha coleción de badocos sen remedio. O señor Barreiro da Agrupación Unión Galega puxérono seguramente porque en algún tempo terá feito o boletín do sindicato de cortadores, ó que pertenecía. De Galicia non sabe nada. É boa persoa mais xa un pouco ido. Voltaremos nos derradeiros días de Maio.

Unha aperta moi forte para Inés, Pilar e Martínez Romero e pra vostede de Maruxa e miña. A Inés escríbolle tamén:

[Seoane]

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    15/04/1970
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Ricardo Palmás
  • Orixe:
    A Coruña
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Termos clave: