Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Palmás a Seoane. 1977

02/04/1977
San Pedro de MezonzoRicardo PalmásSan RosendoLuís Seoane
Compartir en


Stiago
2.4.77

Querido Seoane:

Aquí van dúas mostras de “milagres” de santos galegos. Cando volte eu de Londres quero que me diga se lle parecen bons. Polo dagora teño feito cinco borradores de outros tantos santos –entre eles os que lle mando e mais s. Rosendo, o conde santo, e S. Paio–.
Eu escollí dez persoaxes que son, alén dos devanditos, san Gonzalo, santa Mariña, santa Susana, santa Eufemia e santa Ilduara. Sobre este último, non teño seguridade ainda pois é a nai de s. Rosendo e, por tanto, aparesce na estoria deste último.
Como verá seguí o criterio medieval de contar cada feito separadamente de modo que xuntos constituan unha especie de Flos Sanctorum. Non me suxeito para nada a feitos históricos –excepto en datas e cousas semellantes–. Nalgúns casos hai pura invención miña –tal o bosque aceso cando reza Pedro Mezonzo–, noutros casos collo treitos de crónicas medievais. Tal como falaramos en Bs. As. isto non é un traballo relixioso –cousa que non ten sentido– e por iso temos total liberdade. Por outra banda cando se inventaron estas estorias ninguén lle pedíu o nihil obstat ao bispo.
En materia de lingua metín algúns arcaismos e procurei casar o estilo dos vellos milagres e os criterios con que hoxe escrebimos.
Espero que lle gusten as dúas “probas”.

Unha aperta

Ricardo Palmás

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    02/04/1977
  • De:
    Ricardo Palmás
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Santiago de Compostela
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita]
  • Termos clave: