Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Paz Andrade a Seoane. 1954

07/12/1954
Jesús Bal y GayValentín Paz-AndradeLuís SeoaneArturo Souto
Compartir en

México D.F. 7 dec. 1954

Querido Luís:

Con moito apresuramento, contesto a tua derradeira. Van dous dibuxos de Souto. Ainda fixo mais, que teño no meu poder. Dos dous podes escoller o que mellor se axeite. Un representa o anxo do door, e outro a door do pobo. Souto non se decide i-eu coido que calquera pode represental-o ben.
Prometéu darme n-estes dias as fotos e algún dibuxo, e notas, pro traballo a pubricar en Galicia Emigrante.
Estuvo en Cuba, onde expuxo con moito eisito. Volve alí dentro de pouco, pra seguir a Galiza. Tamén faléi con Bal e agardo o retrato e as notas. Cando teña este material tentaréi facer algun artigo ou darlle xeito pra pubricar na Revista.
Teño alguns artigos sobre Mexico, ilustrables con boas fotos. México ten cibdades maravillosas –Tasco, Guanajuato...– e outros lugares chegos d-intrés etnografico e paisaxistico –Pátzcuaro, Veracrúz, Acapulco...– Non hai moita relación co-a galeguidade neste temas, senon é a maneira de tratar. Si queres podo enviar algún traballo d-esta xeira pol-as terras quentes e, despois, xa decidirás sobre continuar ou non a pubricazón.
No poema quero facer algunha correición leve. Como o 11 ou o 12 penso sahir pra New York e seguir a Galiza, espero as probas en Vigo.

Moitas gracias. Apertas cordiaes de

Valentín.

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    07/12/1954
  • De:
    Valentín Paz-Andrade
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    México, D. F.
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita co escudo dos Estados Unidos Mexicanos, o logotipo da FAO e o membrete:] CENTRO LATINOAMERICANO DE CAPACITACIÓN PESQUERA / PATROCINADO POR EL GOBIERNO DE MÉXICO Y LA ORGANIZACIÓN DE LAS NACIONES UNIDAS, PARA LA AGRICULTURA Y LA ALIMENTACIÓN / AQUILES SERDAN 29-602 / MÉXICO, D.F. / TEL. 12-16-50
  • Termos clave: