Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.


Vigo, 22 de ab. 1958

Querido Loís:

Unha carta de Isaac tróuxonos a mala nova da morte de teu pai. Supoño que seria home de edade, mais sempre que se desfái o noso eslabon dianteiro, da cadea que xungue a vida co-a morte, sentímonos moito mais desamparados no mundo. Teño vivido esta esperencia doorosa, por nai e por pai, e sei ben canto nos fire e o rastro moral que deixa. Ben sabes con canta sinceiridade todol-os d-esta casa estamos a veira do teu curazón n-esta hora de desventura.
Estóu dandolle os derradeiros toques ao libro. Dividirase en tres partes, de cinco capidoos cada unha. A primeira adicada a estudar a estructura de Galiza, a segunda ao momento economico e a terceira ao esforzo cultural. Esta derradeira parte foi pouco alterada, con respecto ao texto das conferenzas. As primeiras, bastante. Teño conquerido unha documentación definitiva, pra amostrar ao vivo os resultados da “anarquía” a que aludes no prologo de Fardel. O libro levará como tidoo Galicia en numeros vivos. Penso que pol-o menos, condensará n-este intre unha voz que era preciso alzar. Moito che agradeceréi que coides da edición. Mandaréi por correio aereo dous exemprares do orixinal, ao Centro. Despois mandaréi alguns graficos e a bibliografía, pra non demorar mais o envio do que leva tempo a compoñerse.
O 8 foi en Padrón, pol-a Pascoa, o homenaxe a Cabanillas. O Faro e a Noche adicaronlle unhas paxinas. Non puden conseguir que se pubricara unha pequena cronica en galego. Ahí vai, c-unhas fotos do acto. Podes pubricar estas, se che veñen ben. O outro cecais perdéu encaixe temporal.
Foi unha forte manifestación do sentimento popular. Falaron alí Pedret e Otero. O pubrico respondéu ben cando Otero decia cousas fortes, como falando da profanación do Hospital onde nacera Rosalia pol-o turismo. Tuvo outras parrafadas felices, que a xente celebróu. E alguns aturaron de pouca vountade.

Pilar e Alfonsiño envian, pra Maruxa e pra ti, as mellores lembranzas, co-as miñas pra ela e os amigos [...] , a mais sentida aperta pra ti de

Valentín

[Manuscrito:] Ainda que a festa se fixo pra coroar a Cabanillas, Ramon non se deixóu colocar a coroa de louceiro. Colléuna a tempo e dou meia volta con ela atrás, sin poñela.

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    22/04/1958
  • De:
    Valentín Paz-Andrade
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Nova York
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz 22. Tel. 1562 / Vigo
  • Termos clave: