Fundación Luís Seoane

----

Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1962

23/1/1962
Dieste, RafaelPaz Andrade, ValentínRodríguez de Prada, PilarSeoane, LuísSeoane, MaruxaSouto, Arturo
Compartir en

Pontevedra, Sanatorio Dominguez, 23/1/62

Queridos Luis e Maruxa:

Moitas gracias pol-a vosa carta do 9. Chegóu a nos, con moitas mais, en horas ben amarguradas, que por fortuna xa non revisten tanto rigor e permiten agardar unha recuperación mais ou menos demorada, mais sen graves limitacións residuales. Onte, nos raios X, descubriuse unha nova fractura fisuraria da 2ª lumbar, mais en vias de consolidación. O mesmo camiño levan as de clavícula e coxis, pro as pernas ainda darán moito que facer. As fracturas soldan ben, mais a reeducación será dura, pola bilateralidad das crebaduras. Ando agora nos primeiros tanteos, que son d-unha dificultade inverosimil. Todo se irá vencendo, si o corpo axuda.
Os Dieste chaman con frecuencia desde Rianxo, onde Rafael debe atoparse coma o peixe na y-auga. Todos nos contentaremos moito de que veñades pra fin de ano, se non antes. Y moito mais sabendo que pensades estar tempo, pois d-este xeito terá unha verdadeira compensación o viaxe e teremos vagar pra moitas angueiras, que poden facerse a base d-un contacto maior.
Hoxe recibin unha nova carta de Souto. Pensa vir en marzo ou abril, mais eu non estou demasiado seguro. Parez que non se atopa ben do sistema nervoso, e cecais esta doencia exerza influxo nas suas decisións transcendentes.
Nada mais, queridos Luís e Maruxa. Esperamos acoller a vosa cordial presencia no novo fogar de Samil, con sol e ledicia novas, que nos enchan de alento pra seguir na loita. Apertas cordiaes de

Valentín


[Escrito na marxe dereita, arriba:] P.D. A pesar do que dí Pilar, ela tamen está internada. Tuvo que sufrir unha pequena intervención, da que está casi reposta. O disgusto, naturalmente, agravóu a sua doencia.

[Escrito na marxe esquerda:]
Como Valentín os dice todo, nada más me queda que enviaros un abrazo con el cariño de siempre.

Mª Pilar

Ficha documental [Imprimir]
  • Colección:
    Fundación Luís Seoane
  • Data: 23/1/1962
  • De:
    Valentín Paz Andrade
  • Para:
    Maruxa Seoane
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Pontevedra
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel 1562 / Vigo
  • Termos clave: