Fundación Luís Seoane

----

Carta de Paz Andrade a Seoane. Sen data

Paz Andrade, ValentínSeoane, LuísSeoane, Maruxa
Compartir en


[s/d]

SR. LUIS SEOANE LÓPEZ
PINTOR
MONTEVIDEO 1985, piso 13, d. 68
BUENOS AIRES
(Argentina)

Queridos Maruxa e Luís:

Pouca cousa son tres noites e dous dias para Lima. Mais palpase o crecimento d-este país. A cibdade está modernizandose, medrando andinamente en outura, con certo respeto ao legado virreinal, que é inferior ao de Mexico. Cecais Ayacucho e Cuzco –que non puden conocer– sexan outra cousa. O pulso economico e de forte base e moi ambicioso na arrancada car-a prosperidade. Non puden conocer mais que o museo antropoloxico, que impón asombro. A colección de ceramicas incaicas é d-unha riqueza de formas inesgotable. O poder que a maxinación comunicou a mao, e a plasticidade do instrumento de moldeo, poucos pobos de todol-os tempos puderon abranguelo como eiquí. Outra vez, moitas gracias, pol-as vosas xentilezas, e a mellor aperta de

Valentín

Ficha documental [Imprimir]
  • Colección:
    Fundación Luís Seoane
  • De:
    Valentín Paz Andrade
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Lima
  • Destino:
    Nova York
  • Ficha descriptiva:
    [Tarxeta postal co membrete:] IBERIA Líneas aéreas de España // CÓRDOBA. Iglesia de San Lorenzo. St. Lawrence Church / SALAMANCA. Casa de las Conchas. Shell fish house / CÁDIZ. Convento de Sta. María. St. Mary’s Convent
  • Termos clave: