Fundación Luís Seoane

----


Vigo, 25 de setiembre de 1970

Sr. Don
Luis Seoane
Montevideo, 1985 - piso 13
Dept. 68
BUENOS AIRES

Querido Luis:

Recibín a tua cariñosa carta do 14, no Policlínico de “La Rosaleda”, en Sant Yago. Alí estuven internado duas semáns longas, recibindo os auxilios da cencia e a cordialidade dos amigos, que non deixou de latexar baixo da bata blanca. Isaac estuvo con nos, amigo de cabeceira, nos dous primeiros domingos dos tres que pasamos no Sanatorio. Xa te darás conta de que n-un caso como o meu chegado o nivel da melloría franca, non acerta un a saber se foi pol-a propia cobiza de vivir, ou foi porque as cadeas cordiaes a outros corazóns xurguidas non deixaron que o d-un esmorecera.
Non teño noticias recentes de Tamames e o seu grupo. Mandeille o orixinal e anexos da conferencia que din con eles o 10 de abril, no curso da Caixa d-Aforros de Vigo. Durante o mes de agosto, e parte de setembre deberon estar en Cuba, Tamames e Terceiro dando conferencias. Non teño dubida de que o teu proyecto terá conquistado o veredicto mais favorable, ainda que o xuicio definitivo corresponderá seguramente a orgaos oficiaes, nos que pouca intervención ou ningunha teran os nosos amigos.
Nada me sorprende de canto me dis en relación coa comemoración do Dia de Galiza. Tiñamos todos por descontado o que pol-o visto aconteceu.
Xa que me falas do libro, direiche que ainda sendo voluminoso e tamén no precio, bateu o recor de vendas. Somente en Galiza levan colocados os editores máis de 2.000 exemprares en dous meses e meio. Xa te darás conta de que dada a materia do libro e o precio –224 ptas.–, en Galiza tuveron que cambiar moitas cousas pra que se poida rexistrar un feito económico social de ésta natureza.
Estamos en Samil dende hay dous dias. Supoño que a convalecencia durará 15.

Recibe con Maruxa, de Pilar e Alfonso e miña, a mais cordial aperta do teu incondicioal amigo,

Valentín

Ficha documental [Imprimir]
  • Colección:
    Fundación Luís Seoane
  • Data: 25/9/1970
  • De:
    Valentín Paz Andrade
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Nova York
  • Destino:
    Nova York
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 211562 / Vigo
  • Termos clave: