Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Paz Andrade a Seoane. 1973

14/03/1973
Alfonso Paz-AndradeValentín Paz-AndradeLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en


Vigo, 14 de Marzo de 1973

Sr. Don
LUIS SEOANE LÓPEZ
Paseo de Ronda, 15-6º izd.
LA CORUÑA

Querido Luis:

Moitas gracias pol-a semblanza ilustrada que o domingo pubricóu La Voz de Galicia. Non me coido merecente de tanta honra, o que fai medrar o calado cordial da miña obriga.
Por Alfonso sei que Maruxa e ti faredes n-estes dias unha nova recalada en Vigo. Será, como de cote, un motivo de ledicia pra nos.

Apertas cordiaes de,

Valentín

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    14/03/1973
  • De:
    Valentín Paz-Andrade
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Nova York
  • Destino:
    Nova York
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. PAZ-ANDRADE / ABOGADO / POLICARPO SANZ, 22. TEL. 211562 / VIGO
  • Termos clave: