Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1950

08/07/1950
Xosé B. AbrairaFrancisco Fernández del RiegoLuís Seoane
Compartir en

Buenos Aires, 8 de Xullo de 1950


Querido Del Riego:

Vai a Meira, seu pobo fronteirizo, e a recorrer coa sua dona raudamente Galiza, un amigo noso, un hirmán; verdadeiro hirmán no namoro e na teima: Xosé Abraira. Eiquí debémoslle moitas cousas, moito traballo feito a cotío en pro da terra e débeselle o seu entusiasmo case isolado n-unha coletividade de barados.

De todos cantos foron a visitar Galiza nos últimos anos, e con desvariadas representaciós d-eiquí, é o úneco que meresce o voso agasallo, a vosa estima, porque é tamén dos poucos que non vai, sendo galego americano, a “visitar” Galiza.

Frente a íl, nos non temos o complexo dos edosos traxes dos nosos guardas municipaes, dos probes ferrocarriles, das casas sin ascensor, e da nosa mingada industria, e non temos que decir: “Mais, escoite, temos outras cousas...” Il, coma nós, tamén ama algún dos nosos anacronismos e as nosas, ás veces beneficiosas, limitaciós, e non porá o xesto despreciativo dos “ches” pol-os traxes dos nosos villeus; pensa coma nós que temos outras cousas.
Paréscese un pouco a mín en que fala con exabruptos, mais no caso d-il leéde no seu corazón. Trata de atopar a verdade pol-o camiño do diálogo e da contradición e si non touvese tanto humor celta sería un peripatético.

Recibe unha gran aperta de

Seoane


[Manuscrito]
Saudos da miña muller pra ti, e d-ela e meus pra tua dona.

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    08/07/1950
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Francisco Fernández del Riego
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Vigo
  • Termos clave: