Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971

08/06/1971
Victoria ArmestoIsaac Díaz PardoFernando Pereira CaamañoLuís Seoane
Compartir en


A Cruña, 8 de xunio de 1971

Sr. D.
Fernando Pereira
Montevideo

Querido amigo:

Levamos eiquí en Galicia unhos quince días. Non poiden, pois, escribirlle antes. O seudónimo do libro que teñen vostedes pra editar corresponde ó poeta que pensabamos. Creo que deben editalo si non o fixeron xa. Faleilles de vostedes a María Victoria Armesto e penso que non deben deixar de invitala. Galicia está quedando deserta. No mes de abril emigraron dos arredores de A Cruña cinco mil persoas, homes e mulleres. Falei con Díaz Pardo do asunto das porcelanas e díxome que non se preocupen, que arranxen vostedes todo coma as circunstancias os obrigue.
Eu penso estar eiquí por uns meses. Escríbanme por calquer asunto en que eu poda intervir.

Un saludo a tódolos direitivos do Patronato e ós amigos, e vostede reciba unha aperta con saúdos prá súa dona, do seu amigo:

[Seoane]

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    08/06/1971
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Fernando Pereira Caamaño
  • Orixe:
    A Coruña
  • Destino:
    Montevideo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Termos clave: