Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.


Montevideo, 23 de maio de 1972

Benquerido Seoane:

Non teño papel á man. Escríbolle co do Patronato para darlle unha boa nova: o libro de Heriberto Bens xa está no prelo. Sairá, polo tanto, nas próisimas Xornadas. Hai que agradecerlle, unha vegada máis, a ampritude a Canabal.
Como teño unha grandeira dúbida, mándolle esta nota, que merez unha urxente resposta. Resulta que, pro libro de Heriberto Bens enviara vostede a carátula e máis 4 debuxos. Os devanditos catro debuxos son verticaes, o que corresponde aos anteriores que fixera pros traballos de Neira Vilas e Manuel María. Nembargantes, a carátula que nos remesara oportunamente é hourizontal (adxúntolle unha copia que fixen sobor ó orixinal por si non se lembra ben de como era) e non sabemos como debe ire. Cecais a súa intención foi faguer a tapa igoal que nos libros de Manuel María e González López, ou sexa dobre, quedando un lomiño no medio. Como non estamos seguros (e o tempo voa), prégolle que me conteste axiña si elo é certo.
No Patronato agardamos a súa confirmación (da posibilidade de levar a cabo unha eisposición de vostede en Sant-Yago).
Como desexo que saia hoxe esta nota polo Expreso (e xa se me está fuxindo o tempo), remato.

Deica moi pronto. Recordos afeituosos prá súa dona e vostede reciba unha aperta moi fonda.

Pereira

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    23/05/1972
  • De:
    Fernando Pereira Caamaño
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Montevideo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / 18 de Julio, 966-Local 102 / MONTEVIDEO.
  • Termos clave: