Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1975

29/10/1975
CastelaoFernando Pereira CaamañoLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en


Vigo, 29 de outono de 1975

Sr. D. Luis Seoane
Paseo de Ronda, 15-6º
A CRUÑA

Meu apreciado irmán:

Dende que cheguei (pasando por aquel día tan tristeiro do homaxe a Castelao), non atopo acougo. Matino, ás vegadas, que sería o máis axeitado voltar ao Uruguai. E outras, pousarme, pra sempre, en Galicia.
Pro, denantes, necesito decirlle que participei no aito de Rianxo por unha razón, que coido de moito peso. Estaba alí representando a unha Sociedade, o Patronato da Cultura Galega, con quen tiña a obriga morae (dixen morae, posto co viaxe leiveno a cabo pola miña conta) de entregar o busto ao pobo de Rianxo, logo de cumprirse coas esixencias mínimas que impuxéramos; descoberta do moimento coa bandeira galega, as intervencións en idioma galego e a interpretación, somente, do hino galego. Pro craro, eu tiña prena concencia de que iso non abondaba. Eu ben sabía que aínda non se deran as condiciós ouxetivas pra facer o homaxe (o grande e popular homaxe) que se merece Castelao. Que nalgún presentido día se lle fará, pra honra da Galicia emigrada e da Galicia metropolitán. E logo, na mesma xornada, aquelas mortes, que se me antoxan cheas de agoiros, de premonicións, pros verdugos... Falei, pois, baleiramente. Sen saber, a cencia certa, o que decir. Sin forza. Sin o pulo interior máis axeitado. En fin, todas estas ferintes, lacerantes refresións, matino expoñelas na charliña que darei o vindeiro 7 de San Martiño na Asociación Cultural de Vigo (Entidade, por certo, que se opuxera ao devandito homaxe), baixo o tíduo de A emigración galega no Uruguay. Daquela, o meu esprito, cecais, pousarase algo.
Cando lle fixen a chamada por teléfono, era pra ver a posibilidade de acadar, no xornal A Voz de Galicia, algunha posibilidade de traballo alí. Coido que podía faguer unha laboura de colaboración, vencellando a presencia da emigración galega no Uruguai (unha modalidade de etnia) coa Terra Nai. Si houbera icomenentes no orde económico, estou disposto a realizar a tarefa gratis. Dígame, con sinceiridade, si elo é posíbel. Namentras, con saúdos moi garimosos pra Maruxa, reciba unha aperta fonda.

Pereira

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    29/10/1975
  • De:
    Fernando Pereira Caamaño
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Vigo
  • Destino:
    Nova York
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Termos clave: