Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959.

27/07/1959
Xesús CanabalRamón Otero PedrayoEmilio PitaMª del Carmen SolerLois Tobío Fernández
Compartir en

Bs. As. 27-7-1959.
Sr. Luís Tobío
Montevideo.

Querido Luís:
Recibín a túa carta tan amical do día 22, e agradézoche moito as túas verbas tan agarimosas.
Onte domingo, ainda que con algunha dificultade, escoitei a nosa audición adicada ao Día de Galicia; penso que as túas verbas encol do meu derradeiro fillo lírico sairán ao ár o domingo 2 de Agosto e apréstome a escoitalas con emoción e devoción.- Gracias, moitas gracias dende agora.-
O meu fillo está vivindo en Montevideo, pero non traballa na oficiña ahí, pois a laboura nosa non necesita mais empregados. Está faguendo algúns traballos secundarios, na agarda de entrar no Banco de Galicia, onde o amigo Canabal prometeu ubicalo na primeira oportunidade que se presente.-
Xa voltarei a envíarche as miñas verbas cando escoite as túas.-
Estos días témos a presencia física e espritoal de Don Ramón que é como tér a Terra con nós.
Lembranzas manseliñas a María del Carmen e aos fillos de Maruxa e de todos nós.- Para tí a aperta forte de sempre de,

Pita [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]