Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.
Compartir en

Vigo
8-xul.
1951

Sr. D. Luís Tobío
Montevideo

Meu querido amigo: Recibín a tua carta. Pordúxome fonda ledicia saber direutamente de tí, despois de tantos anos. Satisfaime que che gostara o Caderno. Piñeiro é un rapaz de Lugo, de gran talento, adicado a custiós filosóficas. É un dos valores novos de Galicia máis positivos. Quen che pode falar con detimento da sua persoalidade, é Prada.
Agora andamos a preparar o segundo Caderno, que irá adicado con preferencia á pintura. Coido que se manterá á mesma outura do primeiro. O pior é si calisquera día non podemos seguir avante, pois as dificultás xurden cando menos se agarda. Aló veremos.
Por correo aparte remeseiche un exemprar da miña Historia da Literatura Galega, que remata de sair do prelo. É o primeiro libro da serie de Manuás que edita "Galaxia". A mesma editorial ten en marcha unha serie de criación que se iniciou coa "Antífona da Cantiga" de Cabanillas; a de cadernos, co tídoo de Coleición "Grial"; e unha reedición de clásicos, chamada "Coleición Pondal". Pra o futuro matinamos en lle dar aínda meirande amplitude ás publicaciós. Todo, craro está, contando con que poidamos seguir avante.
Ademáis de "Galaxia", hai a Editorial dos Bibliófilos Gallegos que inspira Filgueira, con fís máis arqueolóxicos que vivos, e a Coleición Benito Soto, sostida por un grupo de rapaces pontevedreses, adicada á pubricación de libros poéticos.
Entre a xente nova comeza a haber algunha inquietude espritual, pero en xéral pouca cousa.
A Historia de Galicia que dirixe Otero vai por bó camiño. Coido que xa está pra rematárese o primeiro tomo. Cecáis en setembro o poidan enviar pra imprentalo.
Eu sigo coma sempre, inda que muito máis envellecido. Hai que traballar arreo, con un ritmo apresurado e agobiante. Non teño tempo pra nada, e nin siquera sei de onde saco o tempo. Agora estóu pasando unha tempada n-unha praíña de perto de Vigo, pero vou todol-os días á cidade, e práiticamente non disfroito nada do mar.
Xa saberás que Carballo está agora en Lugo, de direutor de un Colexio. Continúa coa súa misantropía esaxerada, e con abondos complexos. Fai cantos traballos literarios se lle encargan, pero non sai d'iso.
Istes días inauguraráse en Bos Aires a Esposición Coleutiva de Arte Galego que orgaizamos aquí. Non sei como sairá. Agradeceríache que me deses as impresiós que ahí recibas dos resultados. Si aparecen comentarios na prensa que tí lés, non te esquezas de mos mandar.
Tamén debe de andar a istas horas pol-a capital do Plata, Bouza-Brey. Coido que vai arranxar [ilexible ¿?] folk-lóricas. Eu non-o fun a despedir cando saiu de eiquí, apesares de que me mandóu dous recados. De todol-os xeitos, no fondo é un bó galego.
Bueno, nada máis por hoxe. Recibe a cordial aperta de sempre do teu vello amigo

F. Fernández del Riego [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]