Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Rodolfo Prada a Lois Tobío Fernández, 1967.

22/12/1967
Florentino López CuevillasRodolfo PradaManuel PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

RODOLFO PRADA
CONSTITUCIÓN 4246
Buenos Aires
–––––––
Santiago (Chile): 22 Nadal 1967.

Señor,
D. Luis Tobío
Ma. de Guzmán 54 - 4º - B. a.
Madrid.3.


Ben querido amigo:
Eiquí estou en terras chilenas a pasar as crásicas festas coa miña muller na compaña dos nosos fillos e netos. Deixei por uns dias o trafego de Bos Aires eo recargo de labouras e preocupaciòs –de orde comercial e de orde patriòtico– e aproveito iste folgo pra respostar a sua tan aprezada carta datada o 20 do derradeiro outubro e tamèn seu garimoso christman do 30 de San Martiño. E prègolle perdoarme a tardanza.
Amostrei sua carta a Don Manuel e tanto èle como eu agradecemos moitísimo o intrès e boa vountade de colaboraciòn que vostè espresa.
Imposto ampramente Don Manuel das tan atinadas consideraciòs que vostè fai encol da impresiòn de 3º volùmne da Ha. de Ga., andaba a estudar o camiño a seguir –o de Barreiro ou o de Galaxia– cando sofriu un aicidente: rexa caida nunha rùa por fuxir dun auto que se lle viña enriba e como consecuncia fraitura dun brazo. Foi disgracia con sorte, pois a cousa poido ser fatal, xa que logrou eludir ser tumbado e esmagallo por lo coche. Daí que xa se non ocupou màis da cuestiòn. Agora, felismente, xa vai estando casi reposto e cando eu volte a Bos Aires, a mediados de xaneiro, verei de que tome defiñitiva decisiòn. A mìn me paresce que a via Galaxia è a màis doada e comenente pra mellor seguranza do coidado da edizòn. Penso que, o ùneco incomenente apontado por vostè, –desemellanza de tipos de imprenta–, non pode sere de importancia. Teño conservado desemellanzas en obras importantes de moitos volùmens editados moi espaciadamente. Don Manuel, por razòs de boa cantidade de fondos que ten naquil pais (Uruguai) semi-broqueados, amostraba incrinaciós pola via Barreiro. Acocho espranzas de o poder incrinar por Galaxia. Nin ben elo se resolva escribirei a vostè. Na mentras, dun xeito ou de outro, sería comenente que vostè fose revisando os orixinaes do traballo de Cuevillas comprementado por Taboada a ouxeto de uniformar ortografía, etc.-
Inda que xa lle enviei tarxeta cos saudos de Nadal e Aninovo, pràceme reiterarlle meus mellores desexos de felicidade navideña e de moi ventureiro ano 1968 na compaña dos seus.
Reciba fortes apertas do seu decote amigo,

Rodolfo Prada [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
  • Data:
    22/12/1967
  • De:
    Rodolfo Prada
  • Para:
    Lois Tobío Fernández
  • Orixe:
    Santiago de Chile
  • Destino:
    Madrid
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e con membrete: RODOLFO PRADA/Constitución 4246/Buenos Aires].
  • Notas:
    Aínda que no membrete da carta aparece o enderezo de Rodolfo Prada en Bos Aires, polo que di na misiva atópase de vacacións en Chile por iso o enderezo de orixe da carta.
  • Notas legais:
    Este documento pertence ao Fondo documental e fotográfico Lois Tobío, conservado no Consello da Cultura Galega por doazón de Constanza Tobío.
  • Termos clave: