Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Vilanova. 1953

19/03/1953
Manuel Curros EnríquezLuís SeoaneAlberto Vilanova Rodríguez
Compartir en


Buenos Aires, 19 de marzo de 1953

Sr. D.
Alberto Vilanova
Orense

Meu benquerido amigo:

Agradezo moito as verbas de alento que me fixo chegar pola súa carta co gallo de ter recibido Fardel de eisilado. Creo ter feito un libro sinceiro, no que intentei concederlle máis importancia á anguria coleitiva que á propia neste intre en que os modelos da máis moza xente galega son aqueles que buscan máis ben eispresar o contrario, e síntome por moi premiado e satisfeito conque os escritores galegos como vostede, que eu estimo fondamente pola súa obra e aititude, tivesen atopado nel algún mérito. Tratei de continuar, coas miñas limitaciós, a liña temática dos precursores que eu supoño moi esquecidos de aqueles que se agachan nun neosaudosismo, cómodo, e que atopan de mal gusto falar do que acontece a carón de un.
Teño leído estes días a súa mañífica biografía de Curros, da que correxín eu as probas e coido a edición, que me pareceu ter de ser por moitos motivos, entre eles pola súa calidade humán, un dos libros fundamentaes feitos nesa e fóra de Galiza nos derradeiros anos, e que sairá do prelo a fines do mes próisimo editado polo Centro Gallego.

Volto a agradecerlle as verbas de agarimo conque recibiu meu Fardel de eisilado e ofrézome a vostede nesta, como fidel amigo e irmán:

[Seoane]

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    19/03/1953
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Alberto Vilanova Rodríguez
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Ourense
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Termos clave: