Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Vilanova a Seoane. 1965

12/08/1965
Juan Díaz PorlierLuís SeoaneAlberto Vilanova Rodríguez
Compartir en

Bahía Branca, 12 de agosto de 1965

Amigo Luis:

Ehí che mando o artigo pra revista. Pensaba faguer outro encol do sesquicenteario da morte de Porlier ou do bicenteario da fundación da Academia de Agricultura de Galiza, mais salíanme moi longos, e tendo en conta que o próximo número terá que estar adicado principalmente ás Xornadas Galegas, preferín faguelo curto.
Ademais estou pouco pra istes mesteres, pois tiven unha brutal contrariedade na Universidá, pois nomeáronme Rector do Colexio adscripto de Río Gallegos e teño que trasladarme alí, onde pasarei probabelmente o que resta de ano, co que o meu desexo de entregar o libro no mes de outubre sofre un golpe cáseque mortal, polo que teño que acabalo prescindindo de novas aportacións que estimaba indispensábeles. Xa te podrás maxinar canto me entristurou e desespera iste novo bodrio que me botaron a costas. En fin, gaxes do oficio.
Xa te tendrei ao tanto diste choio malaventurado.

Unha forte aperta do teu invariábel amigo

A. Vilanova

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    12/08/1965
  • De:
    Alberto Vilanova Rodríguez
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Bahía Blanca
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Termos clave: