Fondo Fundación Luís Seoane

----



Ourense, 7 de xaneiro de 1971

Sr. D. Luis Seoane
Bós Aires

Meu querido amigo:

Fai tempo que pensaba escribirche, mais unha iñorme cantidade de probremas e dificultás que teño ido padecendo, debido principalmente a unha especie de bloqueo económico –pois non é nada fácil recibir xiros de ehí– foron retrasando os meus desexos de comunicarche algunhas impresións.
Estiven máis dun mes en Madride traballando no Arquivo Histórico Nacional, no de algunhas Rs. Academias e na Hemeroteca Municipal, logo fun dez días a Pontevedra, e con moito traballo fun conquerindo bastante documentación. Agora penso dentro dunha semana trasladarme á Cruña e Compostela, verei si me podo chegar a Lugo e Tui, e de inmediato retornar a Madride pra rematar isto rebusco e voar a fins de febreiro pra isa cidade. Os horarios eiquí son incómodos pra labourar, a vida é carísima e, por si fora pouco, estamos padecendo un inverno durísimo, incruso nevou na nosa Terra como fai moitos anos que non o facía. En troques, o outro crima, o que máis nos intresa, é dabondo outimista, pois creo que se aveciñan algúns acontecimentos que polo menos serán máis benignos que os pasados.
Por eiquí saudei a Villamarín, Blanco Amor e a Xosé Suárez, todos iles te relembran con verdadeiro agarimo. Hoxe escrébolle tamén a Núñez Búa.
Por unha nota de Fernández Ferreiro no ABC, sei que saíu O Cuco Rei. Non deixes de mandarme algún exemprar. Tamén sei que o Val-Capone seguie facendo das súas, pois según me din no Centro Gallego, disolveuse a Comisión de Cultura pra entregarlle tudo a un sedicente Institut Argentino de Cultura Gallega que il mangoneará pra seguir facendo as falcatruadas inteleutales a que nos ten acostumbrados. ¡Vállame Deus, que idea terá ise tipo e os demais lampantís que o acompañan do que debe ser unha corporación dise xeito!
Si tes vagar, non deixes de comunicarme algunha novedade. En Madride, atopei a Laxeiro na rúa cando il iba a inaugurar a súa eisposición, quedou en chamarme por teléfono e non o fixo; eu non puden visitala, pois o día seguinte partía pra Ourense. Xa sabrás que outivo o premio de Pontevedra co retrato que lle fixo a Martínez-Monge, sin decir de quen era, simplemente co pé de Retrato.

Ningunha outra cousa se me ocurre contarche. Aproveito iste intre pra desexarche na compaña da túa dona un Aninovo moi felís e froitífero, así como prá nosa benquerida Terra. Unha forte aperta do seu sinxelo e vello amigo.

A. Vilanova

Ficha documental:
  • Colección:
    Fondo Fundación Luís Seoane
  • Data: 07/01/1971
  • De:
    Alberto Vilanova (1910-1985)
  • Para:
    Luís Seoane (1910-1979)
  • Orixe:
    Ourense, Ourense, Ourense
  • Destino:
    Bos Aires, Arxentina, América
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Temáticas:
  • Mencionados:
    Eduardo Blanco Amor (1897-1979)
    Xosé Fernández Ferreiro (1931-)
    Laxeiro
    Fernando Martínez-Monje (1874-1963)
    Xosé Núñez Búa (1903-1981)
    José Suárez (1902-1974)
    José Villamarín Prieto