Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Vilanova. 1971

03/02/1971
Rafael Dieste Manuel Fuentes JorgeRamón MourenteLuís SeoaneMaruxa SeoaneAlberto Vilanova Rodríguez
Compartir en


Buenos Aires, 3 de febreiro de 1971

Sr. D.
Alberto Vilanova
Ourense

Meu querido amigo:

Recibín fai días a túa carta que agradézoche moito. Non tiña noticias túas, mais supoñía que andarías por Madride adicado ós teus traballos. Eiquí pasaron moitas cousas. Co gallo de que defendín a Dieste dun ataque na seición Revoldaina de A Nosa Terra, adicáronme no número seguinte tres columnas inxuriándome de tódolos xeitos. Penso que dixeron de min máis cousas que de Mourente e atacaron novamente a Dieste. Tivéronme mal todo iste tempo, pois lembreime de todo canto renunciei pra sere leal a min mesmo e ás miñas ideias, e cal tiña de sere a partir destas colaboraciós, a anónima e a Revoldaina, e o criterio que terán de min a resposta. Xa a verás cando veñas. Supoño que todo vén do Val Capone, como ti lle dis, pois aceptei, con condiciós, integrar, en nome da Xunta Direitiva do Centro, o famoso Instituto de Cultura i él tiña feito toda crase de maniobras pra que eu non aceptase como as fixo pra apartarme da revista. Soio no Centro matina caciquear o que se poida dacordo con dúas ou tres persoas desa. Eu estórbolle. Coma él pasou a sere empregado do Centro, rentado, coma se di eiquí, quedaba en condiciós peores fronte a min, por eso malicio que todo parte del. Xa falaremos con calma desto cando regreses.
Miñones caeu por unha escada i está internado na Sociedade Española de Socorros Mutuos, paresce que a caída afetoulle á columna sen moita importancia, pero ten que gardar repouso. De ahí recibín hoxe a noticia da morte de Fuentes Jorge, na súa casa de Vidán a carón de Santiago.

Esto é todo. Cuco Rei gárdocho eiquí. Recibe o saúdo de Maruja e unha forte aperta do teu amigo:

[Seoane]

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    03/02/1971
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Alberto Vilanova Rodríguez
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Ourense
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Termos clave: