Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Vigo 19-dic. 1954

Sr. D. Luís Seoane López
Buenos Aires
Mi querido amigo:
Supongo que recibirías ya los saludos de García Sabell, Piñeiro y mío, que te remití hace algunos días. Hoy te mando los de Cabanillas y Otero, que acaban de llegarme de Madrid.
Te adjunto, también, un artículo de Fole que me ha remitido para Galicia Emigrante. Me parece muy interesante.
Nada más por el momento. Cariñosos saludos a Maruja, de Evelina para los dos, y para tí un fuerte abrazo de

Fdez del Riego
SALUDO DE RAMÓN CABANILLAS ENRÍQUEZ
Nestas horas acedas en que a nosa Terra sofre o íntimo dór de desviamentos e persecucións, os gallegos amarrados ó duro banco, como o forzado de Orán, temos os ollos postos nos irmáns en terra arxentina, coa fé e a ilusión con que os magos das vellas teogonías buscaban no ceo a estrela do seu destiño.

SALUDO DE RAMÓN OTERO PEDRAYO
No decrebar lembradoiro da roseira do serán sobor dos montes de poente, roita das Américas, e na levián espranza do abrente de ialbos lirios do Nadal, alá van meus pensamentos; a bágoa e zume máis puro do meu ser pra a carón de vós: os viventes, espranza e seguranza do porvir da Nosa Terra; e os inmorrentes, mortos agasallados no chan irmán por a cinza endexamáis xiada, presa do galego fogar de Castelao...
¡Bon Aninovo pra os Bos e Xenerosos!

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    19/12/1954
  • De:
    Francisco Fernández del Riego
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Vigo
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa]
  • Termos clave: