Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1954

18/10/1954
Ramón Martínez LópezRamón ObellaValentín Paz-Andrade
Compartir en

México, 18 oct. 1954


Sr. Don Ramón Martínez López
Prof. Texas University
Austin


Querido Ramón:

Xa me imaxino canto te sorprenderá ter novas miñas, denda capital de México. Estou eiqui dende hai dez dias, dirixindo a parte economia pesqueira, n-este Curso organizado pol-as United Nations. Veñen requerindo a miña pouca sabencia n-esa rama, dende hai algúns anos, e ainda sen gran proveito persoal, veño colaborando n-esta laboura de levar mais pan a-os famentos do mundo.
Estaréi na Repubrica deic-a decembre. Na capital soilo ate fin do mes actual, e dez dias de decembre. Unha quincena, a primeira de novembre, en Mazatlan, e a outra en Veracruz. Despois retornaréi por New-York, seguramente. Xa estuven tres dias ao vir.
Séi, por Bal e outros amigos, que te atopas ben, e que tendes un fillo texano. Moito me teño lembrado de ti, e contado a escea derradeira, encamiñada a tua evasión. O pobre Carlos Suarez, de Salvaterra, morréu xa hai anos, de cancer.
Calculo que non poderéi darche unha aperta, n-esta viaxe, mais non queria deixarte de acusar a miña presencia perto de ti. Hai xa dous anos e pico, cando segun dixeron estuveche en Ancora, Ramón Obella i-eu, anduvemos unha mañan petando as portas de todal-as pensions da vila, sin froito. O pobre Ramón tamén morréu, n-unha decadenza corporal tristisima. Tuven que atendel-o, co-a miña muller, até o pasamento. Longo drama, que o gran Ramón, corazón d-ouro e mente bulidora, non merescía.
Esta carta, como denantes indico, soilo é un acuse de presenza no mesmo continente, e de refrexar a ledicia que a vosa produce en min.
Miña lembranza mais garimosa a tua dona, e a aperta mais arrochada do teu sempre irmao


V. PAZ-ANDRADE

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]