Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Martínez López a Paz Andrade. 1936

00/00/1936
Aurelio AguirreUxío Carré AldaoRosalía de CastroRamón Martínez LópezManuel MurguíaValentín Paz-AndradeEduardo Pondal
Compartir en

Santiago [1936]


Meu amigo Valentín:

Rescebín a tua. Pareceme moi ben que te ocupes de duas das persoas mais siñificativas do noso dazanove grande e sin estudar ainda. Tuvestes sorte en dirixirte a min en precura de datos pois e probable que che poda facilitar datos que eu soio poseo. Pol-o depronto ahi che van de Faraldo o que atopei no meu arquiviño caseiro. O expediente e firma e... todo esta inédito (podese decir asi pois os artigos periodísticos...). Pero ó que me referia denantes era ó periodico (descúbrete) El Porvenir do que son o único poseedor, que llo teño prestado a D. Salvador e que tan pronto como veña este de Madride (o sábado ou domingo) che mandarei, sempre que me des a tua mais valorada palabra de honor de que mo coidaras (os nos que se publicaron teñoos todos) como si fora eu mesmo ou ainda millor. De Aguirre teño tamén Corona funebre a Aurelio Aguirre feita pol-os poetas e escritores da epoca –Rosalía, Pondal, etc- que da moitos datos da vida de il... Dime si a tes, e si non mándocha. Teño tamén (e me parez que duplicadas) a sua coleccion de poesías (faltan un ou dous pliegos).
De Faraldo e Aguirre fala bastante Murguía nós Precursores, Bibl. Gallega da Cruña de M. Salazar, T. I (si non o tes mándocho eu que o teño). Tettamanci en Hª de la Revolución Gallega de 1846, e Carré nunha das suas obras (non me acordo agora cal é) de Literatura Gallega (Me parece que a hai no C. Mercantil de Vigo).
De Aguirre hai un artigo publicado na Ilustración Gallega y Asturiana (tes esta obra completa na redacción do P. Gallego no despacho de Angulo na librería abaixo, en rustica e postos verdes de papel) e outro que me parece unha tonteria pero que tes que mirar por si acaso na [ilexible] de N. Correal.
De Faraldo, debes escribir a Betanzos ao cura que che mande a p. de nascimento e che poña en comunicación cos descendentes (constame que os hai e un deles e o autor do artigo do Compostelano) que che pode dar moitos datos. Si atopo algo mais xa cho direi pero coido que como o teu traballo mais ben que un traballo erudito será unha visión do noso dazanove a traves de Faraldo, Aguirre e Añón pode ser que te abonde co istes datos.
Non che convirian datos do ambente cultural e político de Galicia nos anos de estes homes? Podes facer unha cousa bonita, bonita, de estampa integral da Galicia de aqueles anos. Si esto fas eu che podo proporcionar moitos datos por ser unha das miñas chifladuras o periodismo e a cultura do XIX.
Boeno, abonda. Xa me estou entusiasmando demais. Miña fonda e cordial embora pol-a tua conferencia en Madrid. Pareceume xunta coa de Otero (non sei se a deu pero sei de que vai falar) as cousas cousas serias, os unicas cousas finas de esa serie de conversas. Si escribes a Fernando dille... o que queiras pois non quero cair na cursilería de encargarte abrazos, recordos, etc.
O que si che ei de agradecer e que si podes te enteres de si certo desconto que das permanencias se nos facia todol-os meses para o Bibliotecario se reintegraron os catedraticos e si ese e o caso que fagan o favor de mandarme o meu. Esto pregoche o fagas con toda a diplomacia diplomática de un embaixador italiano.
Non estou ainda en Boiro senon en Santiago e ainda estarei bastante tempo.
Espero as tuas novas

Ramón


Fte. De San Miguel, nº 1-2º, ou mais seguro

Seminario de Estudos Galegos

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]