Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 18204/ VIGO
22-xaneiro-1974
Sr. D. Luís Seoane
Vigo
Meu querido amigo:
Acabo de recibir as túas liñas do día 15 dos correntes, precisamente cando acababa de me despedir de Alberto Vilanova despóis de xantar xuntos.
Impresionóume moito a nova do pasamento de Falcini, e, sobre todo, do Dr. Scheimberg, a quen tanto estimaba.
Tamén por aquí as mortes sucédense. Finóuse, como saberás, Don Xesús Carro. Aos poucos días, Augusto Casas en Barcelona. Tamén morréu no Hospital de Vigo Urbano Lugrís. E nun Hotel da Guardia, onde pasaba as Navidades, José Suárez.
Como ves, os vellos amigos vanse indo. A desaparición de algúns deles producíume verdadeira anguria.
O núm. 40 de Grial mandóuseche a Buenos Aires cando se publicóu, como puiden comprobar pola relación de envíos de Galaxia. Conócese que se extravióu. De todos os xeitos, ontes remesámosche un novo exemplar. Non sei que pasa cos correos. Como agora a maioría dos barcos non tocan no porto de Vigo, os retrasos que se producen son moi grandes.
Garimosos saúdos a Maruxa, de Evely pra os dous e pra tí a forte aperta de sempre de
Fdez del Riego

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    22/01/1974
  • De:
    Francisco Fernández del Riego
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Nova York
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]
  • Termos clave: