Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1979

01/01/1979
Francisco Fernández del RiegoEvelina HervellaLuís SeoaneMaruxa Seoane
Compartir en

LUIS SEOANE
Buenos Aires, 1º de Enero de 1979
Sr. D. Francisco Fernández del Riego
Vigo

Meu querido Del Riego:
Recibín a tua do 21 do mes pasado. Esta chegaráche entrado o 79, si chega. De calquer xeito, nos estaremos en Galicia na primeira quincena de febreiro. Xa falaremos entón de moitas cousas. Xa terás o exemplar de Imáxenes de Galicia, mandeino tan pronto como tiven exemplares. Pra min a importancia que ten, penso, é a de rescatar mitos e feitos históricos galegos que non tiveron, na sua maioría, expresión gráfica algunha. Penso voltar e, coma ti, penso manterme “fora de xogo”. Estarei soio pra o meu traballo. Gostaríame redactar, non sei si terei folgos pra elo, un libro de memorias no que, si non importantes os feitos meus, sí se reflexe o ambente e a lembranza das persoas que foron meus amigos dunha xeneración, a nosa, pra Galicia. Penso en esto a miudo. Quixera non ter a sensación de que todos nos perdimos os anos traballando sin ter por qué.
Xa falaremos moi pronto. Unha grande aperta, a primeira do ano 79, pra Evelina e pra ti, desexándovos Maruja i eu un 1979 feliz.
Seoane

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    01/01/1979
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Francisco Fernández del Riego
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Vigo
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]
  • Termos clave: