Fundación Luís Seoane

----

Buenos Aires, 20 de outubro de 1954

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Querido Domingo:

Recibín a túa carta coa ledicia que podes supor. Facía moito tempo que non tiña noticias direitas tuas e soio por Del Riego soupen de tí, coma de todos, aqueles en quenes penso decote neste esfollar saudades que é a emigración. Paco falounos longamente de amigos, e coma ocurríu no ano pasado contigo, moitas preguntas asoballábanse nos beizos máis todas tiveron a resposta axeitada. Tí sabes coma vivimos laceirados pol-a lonxanía sen máis conforto que o voso recordo. Calquer noticia vosa é pra nós unha volta á terra. Eiquí lembrámonos dos días que estivéchedes nesta, dos teus éisitos, do novo retorno a ela ao sesgo das tuas verbas. Foron días que non esqueceremos endexamais e que aínda pasando o tempo latexan connosco. Conténtame fondamente que vos tivese gostado o meu novo álbum cas estampas en córes, que a Piñeiro e a tí vou a remitirvos na primeira oportunidade que teña por algunha persona que vaia a isa; en canto ao prezo prégovos non faledes. Por correio é dificil de remesar por tratarse de estampas en follas soltas. De calquer maneira farei o posíbel pra que o teñades pra miña ledicia o mais pronto. Tamén estou satisfeito de que vos houbese gostado o libro de Varela. A mín parécenme os seus poemas dos millores que se levan pubricados na nosa língoa nos derradeiros anos. Agardo impaciente as vosas notas sobor deste libro e quixera que vos fixésedes eco díl na prensa de ahí, que non deixásedes sair en silenzo ista obra feita por él cun agarimo alumeado. El estima moito o teu xuicio e o de Piñeiro, cuia amistade de mozo non esquece e do que se lembra a cotío. Prégovos fagades o que poidades por este libro, porque é xusto e porque está feito con namoro e xenreira que é, coma o meu xuicio, se fan as millores obras de arte, pol-o menos as millores obras de arte galego.

Estou desexando ver a monografía que escribiches sobor da miña obra. Xa teño encarregado os grabados i-espero remesar as láminas en cór denantes dun mes. Estou goioso e satisfeito de que salla esa monografía; paréceme un xeito de ficar, aínda que non poida voltar pra sempre, en Galicia, e teño que agradecercho somentes a tí. Sinto que pouco a pouco a miña obra pensada na terra vaia quedando contra a miña vontade, nesta. Salvareina pra Galicia, si ela val, por tí. Estou seguro que o texto ten de ser espléndido i-estou desexando léelo, mandareiche fotos dos novos cadros pra que coa seleición das que tés fagades os grabados. Quixéra si é posíbel poñer ao pé delas, co tídoo, os nomes dos propietarios dos cadros, cicáis poda facelo si me remesades as probas das reproduciós que teñen de ir.

A aituación de Paco foi espléndida, todos quedamos coma no caso teu o ano pasado, satisfeito da sua laboura. Tamén o foi a de Rof Carballo, sobor todo no ambente médico. Con él falei moito, xa, supoño, te falará de todo o que pasou co gallo do seu viaxe. Deixou unha grande impresión.

Mandade colaboraciós pra Galicia Emigrante, percísoas, e ese traballo sobre Lonxe que me anuncias. Sobor todo, escribe, aínda que sexa[n] unha[s] liñas mais a miudo. Recibe de Maruja e meus os nosos agarimos pra Elena e pra tí, e a grande e forte aperta ao sesgo de todal-as distancias de:

Seoane.

Ficha documental [Imprimir]
  • Colección:
    Fundación Luís Seoane
  • Data:
    20/10/1954
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Domingo García Sabell
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Santiago de Compostela
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: