Como comisario da Primera Zona de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, foi o máximo responsable do patrimonio en Galicia. Manuel Chamoso Lamas, naceu na Habana o 16 de maio de 1909 e faleceu na Coruña o 24 de abril de 1985. Foi un arqueólogo e escritor galego.
O seu nome aparecerá frecuentemente na documentación: desde a súa intervención tratando de localizar as esculturas do Mestre Mateo retiradas polo conde de Ximonde do Museo da Catedral en xullo de 1948 ata a súa correspondencia coa condesa de Ximonde en 1954 aconsellándoa sobre a venda das esculturas ao Estado para evitar que saísen de Galicia. Foi o comisario adxunto da Exposición Internacional de Arte Románica de 1961 e recibiu presións directas por parte dos administradores de Franco para incluír no catálogo as esculturas dos profetas do Mestre Mateo que foran trasladadas dende o Concello de Santiago ao Pazo de Meirás como “Propiedad de S.E. el Jefe del Estado”.
Máis información na Wikipedia