Fundación Luís Seoane

----
Compartir en

Buenos Aires, 8 de novembro de 1957

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Querido Domingo:

Por correio aparte mándoche o novo libro Segundo libro de tapas, que acaba de sair; é, de certo xeito, continuación de outro editado fai tres anos ou algo mais. Despóis diste, sal tamén istes días, penso, unha obra de teatro escrita en galego, A Soldadeira, traducida ao castelán, pubricada por unha editorial de teatro. Teño outra en iguales condiciós que sairá o próisimo ano tamén en castelán. Pinto moito, acabo de facer unha eisposición con moito éisito, e fun invitado por unha de New York, con outros quince pintores do resto do mundo, pra facer un gran cartel pra a Eisposición Internacional de Bruselas, i, en esa mesma cidade ganei estes días un concurso de acuarelas pra ser reproducidas. O númaro 10 de Gebrauchsgraphik diste ano, de Munich, adícame unhas páxinas con reproduciós en coor, é a segunda vez que o fai. Fálote de min. Escríbeme falándome de ti e do que fas.
Recibín a carta da irmán de Carlos Martínez Barbeito, Isabel, con unha nota túa, que teño de contestar. Dende logo enviareille cando poda, porque iso é dificil pol-as aduanas, unha obra miña pro museo. Tamén recibín, e agradézocho fondamente, o mañífico libro Opúsculos gallegos sobre bellas artes que intrésame moito. Eiquí traballamos moito, o que podemos. Pídoche que me enviedes artigos pra Galicia Emigrante coa documentación gráfica que poidades. Gustaríame algo sobor da meiciña aitual en Galicia, sobor dos traballos que se fan nesta cencia feito por tí o (sic) por algunha persona que tí conozas. Quixera tamén algo sobor das gárgolas do hospital, con fotografías. Gostaríame que vises quen pode facer isto.
Escríbeme longo. Recibide Elena e tí unha aperta de Maruxa e miña e tí unha grande do teu amigo:

Seoane

Ficha documental [Imprimir]
  • Colección:
    Fundación Luís Seoane
  • Data: 8/11/1957
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Domingo García Sabell
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Santiago de Compostela
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: