Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Luís Bouza-Brey Trillo a Lois Tobío Fernández, sen data.

Luis Bouza-BreyLois Tobío Fernández
Compartir en

Luis Bouza-Brey Trillo
ABOGADO
Villagarcía de Arosa

Calvo Sotelo, 14-1º
Teléfono: 139


Sr. D. Luís Tobío Fdez
Madrid.

Meu querido Luis: Ainda estou a voltas co Hotel, pois de unha banda, aínda non recibiron de Turismo a clasificación, e doutra, témenlle ao traballo de arranxar as habitacións de outro xeito do que as teñen; pero considero que vou vencendo as dificultades. Indícame a que leva todo o peso da administración —que é a filla do dono— que e conveniente lle escribas unha carta, decíndolles que me encargaras de buscar as habitacións —tal como eu dixen a eles— e a pensión completa, e que estás conforme con esas dúas habitacións, 17 é 18 do 2º piso, con duas camas sinxelas no cuarto matrimonial e outra no cuarto individual, para os días 3 a 17 de agosto, ambos incrusos.
A dirección é "Hotel Carballinés", Av. de José Antonio.- Villagarcía.
E xente que ten as peticións a milleiros.
Por outra parte, dime esa rapaza que tamen ten, nunha dependencia do Hotel, unha habitación exterior, con gabinete, unidos por eso que lle chaman "italiana", con tres camas, aínda que o cuarto de baño é do piso, anque está acarón do cuarto referido e somentes haberá dous hospedes máis, nese tempo.
Ti escríbelles, como digo, nos termos indicados; eu che escribirei de novo dentro de tres ou catro días, pois non deixo de man o choio.

Unha fonda aperta deste vello amigo

Luis Bouza-Brey [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]