Carta de Luís Bouza-Brey Trillo a Lois Tobío Fernández, 1969.
18/05/1969ABOGADO
LUIS BOUZA-BREY TRILLO
VILLAGARCÍA DE AROSA
––––––––––––
CALVO SOTELO, 14-1º
TELÉFONO: 139
18-V-69
Sr. D. Luís Tobío Fdez
Madrid.
Meu querido Luis:
Recibin a tua carta onte; hoxe fun ao Hotel e me dixeron que che gardan as duas habitacións, axeitadas conforme aos teus desexos, durante o tempo que ti dis. Acordáronme tamén que recibiran a túa carta e que che contestarán mañán decíndote esto mesmo. Así que, a carta coa acetacion sirve de seguridad para vos, como ti querías. En canto recibas esa carta, dimo; pois si non a mandan teño pretexto para recordarlles que pensaban mandala.
Así é que, Luis, se non se viran gravemente as cousas téremoste de hóspede en Vilagarcía no tempo das festas de esta vila, que serán, coido, arredor do 15, pois o 16 é San Roque, o noso padroeiro; e ainda que eu non che son moi festeiro, pra vós, que vides de fora, sempre toparedes algunha novedade: o combate naval pirotécnico, a danza das espadas, as regatas de dornas, o concurso de gaitas e quen sabe o que, pois todo eso é de outros anos atrais.
Deica entón, logo: mellor dito, deica reciba túa carta, decindome que te chegou a do Hotel, ou que non te chegou, para lles facelo acordante neste caso.
E no entanto unha fonda aperta.
Luís [sinatura autógrafa]