Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Luís Bouza-Brey Trillo a Lois Tobío Fernández, 1969.

02/05/1969
Luis Bouza-BreyLois Tobío Fernández
Compartir en

ABOGADO
LUIS BOUZA-BREY TRILLO
VILLAGARCÍA DE AROSA
––––––––––––
CALVO SOTELO, 14-1º
TELÉFONO: 139


2 - maio - 69

Sr. D. Luis Tobío Fdez.
Madrid.

Meu benquerido e recordado amigo:
Non sabes ti ben con que ledicia recibo a tua en canto me di que pensar vir eiqui este verán! Son tantos anos de distancia —41—a que nos alongou da proximidade universitaria, e física, dende logo, que tal cousa será para min como unha retrocesión no tempo pasado e unha rememoranza, mais viva contigo que con ninguén, polo que ti representabas para nos de aquela, como monitor de estudos e de arelas. Ti, vivo e Magariños, morto, sodes as dúas benquerencias que eu teño de aqueles tempos idos. O demais do tempo, seica a chegada dos mesmos fillos, pasouse un pouco en solitario: na soedade e na saudade, agás soneiras disertacións temporeiras e caducas. Hoxe, vellos, desordeados, apadomados.. e excepticos, veremos, meu Luis, como somos. Que Deus nos acorda!
Ben, estiven buscando e procurando cumprir a túa encárrega. Esta vila é bonita, máis non ten hoteles. Somente encontrei "algo"que te pode servir e se pode arranxar conforme as tuas instruccións: é no Hotel Carballines. Consiste nun apartamento, con baño, que ten unha habitación matrimonial e outra parella, individual. Seica podo conseguir que a cama matrimonial se troque por duas individuales e entón queda todo arranxado ao teu gosto. Adxunto un croquis. O demais que vin non serve para vos.
Precios: Non teñen aínda a certeza do precio das habitacións que lles ha de marcar turismo nestes días, pero adiantanme que a pension completa pra vol-os tres, nas duas habitacións parellas, pode ser, mais ou menos, de 822 pts. diarias; e teredes a facilidade de comer no Hotel, ou no restaurante da Plaia das Sinas, pois tamén é deles. Si en principio te satisface, dimo, eu concretarei dentro de tres ou catro dias. Deica entón.
Unha fortísima aperta Luís [sinatura autógrafa]

[ANEXO: Debuxo da planta do hotel e o texto:]

Hotel de 2ª (penso) as habitacións limpas, a comida boa, o servicio bo, o baño do trinque, o comedor elegante no piso paixo.
Podo conseguir —espero— que a cama indovidual pase pra habitación matrimonial e se lle aparelle outra igual.
E a cama matrimonial pase pra a habitación individual. Esta sería a da vosa filla e aquelas serían pra vos.
O baño dá pra vosa habitacion, que ten balcon á rua. A habitacion da nena ten xanela a patio. As duas habitacions están xuntas, a caron unha da outra, e separadas do resto do edificio por unha porta que pecha o voso corredor particular. Na habitación matrimonial non caben as tres camas a xeito.

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]