Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Luís Bouza-Brey Trillo a Lois Tobío Fernández, 1964.

31/12/1964
Luis Bouza-BreyRamón Martínez LópezLois Tobío Fernández
Compartir en

Luis Bouza-Brey Trillo
ABOGADO
DE LOS ILUSTRES COLEGIOS DE
LA CORUÑA Y PONTEVEDRA

PLAZA DE CALVO SOTELO 2-1º
TELEFONO, 139
VILLAGARCIA DE AROSA
(PONTEVEDRA)

31 de Nadal de 1964

Sr. D. Luís Tobío Fdez.
Madrid.

Meu querido e recordado amigo:
O que sempre estou pra facer, cumpro agora. Ahí che vai unha fotografía das nosas "bodas de prata". De todolos que rematamol-a carreira no ano 1928. Moitos non sei como se chaman, pois son ainda os de "libre", os de xaneiro do 28 i-os de setembro do mesmo ano, que adiantáronse. Chaméi-nos a todos, pois... tiña saudade daqueles tempos e, aínda nese ano: 1953, había certos desapegos, restoballos da malfadada guerra civil, onde caseque todos estiveron, Eu non.
A ti tamen che escrebín; seica andabas polo Uruguay, mais a carta chegoume de volta, pois non sabía a tua dirección, non souben a quen preguntar e mandeina suplicada á Radio, onde pouco dinantes ti falaras.
Logo, Martul, deume a noticia da túa chegada a Madrid i-a túa dirección. Esto ainda fai pouco tempo. E díxome que este ano virías á Toxa. Alí pensamos irte ver, e fumos Martínez López e máis eu, o día 26 de agosto; pero, polo visto, alí estiveches deica o 20, ou cousa así, de ese mes. O caso é que sei de ti, pero non sei como agora representas. Somo vellos xa, Luis.
Ben. Non voltei a Madrid dende o ano 36; máis penso ire calquer día, un día calisquer, pois teño facilidade xa que un industrial de eiquí vai cada mes duas ou tres veces e sempre me está a invitar. Estou moi preso pola profesión, e polo desgano de ver Madrid, onde xa non teño contaíto algún despois de sete anos que alí pasei. Pero teño ganas de te ver, así que xa verei de coller pulo. Dame o teu teléfono e dime a hora máis axeitada pra te chamar. Falaremos un pouco, calaremos moito tempo (eu, coma decote, non sei moito que decir) i-eu cumprirei un anceio.
E polo de agora nada mais. Unha fonda, fonda e verdadeira aperta saudora, de teu vello amigo

Luís Bouza-Brey [sinatura autógrafa]

Eu, non estou na fotografía.

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]