Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Alfonso R. Castelao a Lois Tobío Fernández, 1944.

12/05/1944
CastelaoLois Tobío Fernández
Compartir en

Querido Tobío:
Velahi che van os dous documentos de que che falei. O artigo de Scrutator, anque vello, ainda ten intrés e cicais a ti che conveña conservalo para as teus estudos.
Denantes de sair de Montevideo fun ao Centro Republicano para despedirme. A xente amostrouse normal. Deixamos provisionalmente constituida unha delegación de Galeuzca.
Ao chegar a Bos Aires atopeime con algunhas novedades que delatan o avance impetuoso das novas ideas. Tamén me atopei cun artigo de Ossorio encol dos separatismos inzado de parvadas apañadas no Espasa, no que di, para empezar, que as lingoas romances eran tres: castelán, catalán e portugués....
Cheguei preñado de canto ti me dixeches. Certamente eu necesito de ti, porque xa non teño tempo de improvisar o camiño que nos leve ao esterior. Tampouco teño á miña veira quén me axude nos traballos, pero abondan e sobran os que me interrunpen e confunden. Faime o favor de mandarme os esquemas que che pedín. Eso será ouro para min. Non te esquezas.
Con saúdos para a túa dona, meus e da miña.
Unha forte aperta do teu invariable amigo e irmán

Castelao [sinatura autógrafa]
Belgrano, 2605

Bos Aires, 12 de maio de 1944

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]