Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a García Sabell. 1972

21/08/1972
Carmen Arias “Mimina”Xosé DíazIsaac Díaz PardoDomingo García-SabellLuís SeoaneMaruxa SeoaneElena Tormo
Compartir en

Buenos Aires, 21 de Agosto de 1972

Sr.
D. Domingo García Sabell
A Cruña

Querido Domingo:

Recibín a tua carta de fai un mes penso, que agradecín moito coa lista das monografías e álbumes que tes de min. Fáltache algunhas coisas fundamentales, creo, que as remito por correo aparte, ademais de algús libros ilustrados que supoñía tiñas tí. Enviareiche o que poida e non esté agotado. Agora mesmo rematei as ilustraciós de Martín Fierro, pra unha edición de bibliófilos que sairá a fines de outubro. Estou ilusionado co que fagas encol do meu traballo. Nós voltaremos en febreiro, cecáis, ou unha ou duas semáns mais tarde.
De Isaac recibín nos derradeiros tempos a fotocopia dunha carta a Mimina e outra dunha de Xosé a él. Lamentamos moito todo esto. Fainos sofrir. Na que él lle envía a Mimina involúcrame a mín facéndome transmitir ó fillo Camilo que vive na Plata non sei que opinión túa sobor o seu estado de saúde. Escuso decir que todo esto é pura fantasía. Agardei ver a Camilo pra contestar a súa carta e parece ser que xente da fábrica de Magdalena foi a que lle trasmitíu noticias que non viñan de Mimina, senón cuáseque con seguridade dos veciños do Castro. Todo esto é tráxico e a nós, como a todolos amigos, dóenos moito. Con Camilo non comentamos nada das relaciós dos pais e con ninguén polo tanto, como podes imaxinarte.
Eu estou en plena temporada de traballo. O dia 30 inauguro unha nova eisposición de óleos e teño en prensa unha carpeta de grabados con tema do noso tempo. Supoño que terías un novo éisito no coloquio de París e logo no de Santiago. Si os pubrican e están o meu alcance ó leélos pregaríache un exemprar de cada un.
Recibide Elena e ti unha grande aperta de Maruja e miña:

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    21/08/1972
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Domingo García-Sabell
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Santiago de Compostela
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: