Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Puente a Lois Tobío Fernández, 1962.

19/11/1962
Xosé B. AbrairaRodolfo PradaManuel PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

Manuel Puente
Buenos Aires Noviembre 19 de 1962

Señor Don
Luis TOBIO
J. Benito Lamas 2941
MONTEVIDO - R. O. del. U

Meu querido Don Luis:
Recibín a sua carta 8 do corrente.-
Xa sabia por Prada do seu próximo traslado a Madrid, e ainda que me alegro porque máxino que se cumple asi seus desexos, non deixo de lamentar a perda de non telo a vostede cerca, por outro lado o feito de que Ud se sitúe perto da nosa terra ten moitas ventaxas para o noso sentimento, incluso para o final da Historia de Galicia; deséxolle a vostede e familia moitas satisfaccions e saude no novo domicilio.-
Naturalmente que antes da sua partida desexo falar con Ud, e como o mesmo desexo teñen os amigos Prada e Abraira, estamos convinando con eles para ir uns dias a Montevideo, que será para fin de mes ou nos primeiros do próximo.-
Deicá a entonces reciba unha aperta do seu amigo e,

S S S Manuel Puente [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]