Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1941.

21/06/1941
Arturo CuadradoPedro Fernández VeigaEmilio PitaLois Tobío Fernández
Compartir en

ROSARIO, 21-6-1941.

Sr. Luís Tobío
Montevideo
---------------

Meu querido amigo e irmán:
Recibín a túa carta, e ainda que pesa encol de mín un trafego extraordinario, non poido menos que compracer ao bó amigo e irmán e tamén aos demais amigos que teño n-esa Casa de Galicia.-
Acompaño estos versiños inéditos por si sirven pra publical-os.- Forman parte do meu "JACOBUSLAND" que creo editará axiña o Cuadrado.- Si prefires outra cousa en prosa, millor que este poema, m-escribes e mándocha.- N-estos tempos estou metido nos papeles encol da nosa música e dos nosos romáticos; si encol d'estos temas atopas algo millor axeitado qu-estos versos non tés mais que ordear.-
Unha aperta forte ao Fernández Veiga: sempre sigue lucazán pra escribir; débeme carta.-
Pra tí e a túa dona, unha cordial lembranza de,

Emilio Pita [sinatura autógrafa]
¡Terra a Nosa!

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]