Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de José B. Abraira a Lois Tobío Fernández, 1985.

21/03/1985
Xosé B. Abraira CastelaoFrancisco Fernández del RiegoRamón Martínez LópezValentín Paz-AndradeManuel PuenteRosa PuenteLois Tobío Fernández
Compartir en

Buenos Aires, Marzal 21 de 1985

Sr. Dn.
Luis Tobío
Bonetero 5
Madrid

Mui estimado amigo e dilecto irmao:
Por fin acadei noticeas suas; fai tres anos tratei de velo en Madrid e non puiden atopalo. O ano pasado, cando fun acompañando os restos mortaes de Castelao, pensei atopalo en Galicia: crein que a Xunta invitaría de xeito especial as primeiras figuras do galeguismo historico. Non invitaron a naide; agás Martinez Lopez, todos os demais como Paz Andrade, del Riego etc. estaban mesturados ca muitedume. Isa e a Autonomía que nos tocou en sorte.
Creo que onte mesmo escribiulle a Vde. a filla de Dn. Manuel Puente. Fai un tempo apareceron nos escaparates das librerias de Bs. Aires exemprares de unha nova edición da Historia de Galiza que en Montevideo estivera a cuidado de Vde. E di mui campante "con licecia de los herederos de Dn Manuel Puente". Sorprendida Rosita falou conmigo e eu dixenlle que se dirixira a Vde, pois a edición ten pe de imprenta en Madrid. Permitinme esta molestia a Vde por ser conocedor do problema; e eu persoalmente ei de agradecerlle vexa e aconselle o que debe facerse.
Según puiden saber en Galicia está Vde. un tanto ao marxen das liortas e seitores do quefacer politico do galeguismo, puiden notar que sigue gozando do prestixio que sempre mereceu entre os "bos e xenerosos" incluso lamentaban non estivera vostede en Galiza muita xente nova: estudantes etc...
E por hoxe ren mais querido Don Luis; presente os meus saudos a sua dona e Vde reciba unha aperta de quen o segue considerando mestre.

Abraira [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]