Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1966.

21/12/1966
Manuel Meilán MartínezLois Tobío Fernández
Compartir en

Montevideo, nadal 21 de 1.966

Siñor Don:
Luís Tobío Fernández
MADRID

Ben querido Tobío:
Chega axiña un novo ano.- Renovemos espranzas e ilusiós.- Cos "tempos sexan chegados".- Eiquí, as eleiciós como sempre: un exempro de civismo e democracia.- Trunfou o Partido Colorado por uns 150.000 votos.- Os brancos xa tiñan tocado fondo e a fondo, nos fondos do país.- Isto e unha realidade, non un xogo de verbas nin unha alusión ao Fondo Monetario Internacional, que nos afoga.- foron anos de vacas gordas pros gandeiros que se enriqueceron en proporciós astronómicas.- O pirmeiro de marzal entrará a nos gobernar o xeral Gestido, trunfador sobor do candidato colorado que mais soaba: Jorbe Batlle.- Quizáes a sua xuventude e a sua maneira de ser –non é o pai, dende logo– xugaron moito na sua derrota.- Gestido, como vosté sabe, ten sona de home bon i honrado.- Fai moita falla que eisí sexa.- Económicamente estamos en prena bancarrota.- O dólar anda acercándose aos $ 80.00, e o azúcre aínda con $3.00 de subsidio, custa $14.00 o kilo.- Os xornaes, subindo, pero máis a despacio cos artigos de pirmeira necesidade.- Cos deuses o axuden e consiga voltar a iste querido Uruguai aos seus días máis esplendorosos.- O pobo tenlle confianza e axudarao sempre que tamén lle aprete o cinturón a quenes se enriqueceron casi diriamos ilicitamente.-
A nova constitución, co pobo elixiu i eu non votéi, ten algunhas cousas que poden ser de graves consecuencias, si quen a aplique o fai con rigurosidade.- Dálle moitos poderes ao Presidente i eso e temible.- Os antecedentes de Gestido fan pensar que non será un presidente dictatorial, pero il pasará e a constitución quedará.- Si o Partido Colorado, como parece, pónse dacordo pra gobernar e facelo ben, non temos dúbeba de que iremos pra diante.- Ista constitución nas mas dos brancos, querido Tobío, sería pra tembrar.- Tivemos sorte, dentro dos males que nos pode traer, cos colorados haixan gañado e maoría nambas cámaras.-
Soupen da morte do seu irmán.- A miña dona i eu sentimolo moito, pois tivemos oportunidade de convivir con íl e dona unhas horas de solaz que sempre recordaremos con agarimo.- Acompañámolo na sua door.-
Ren máis, moitas felicidades e venturanzas no ano próisimo pra vosté e familiares.- Meus afeutuosos saudos pra sua dona e fillos e unha aperta pra vosté do seu amigo,
Meilán [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]