Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Fernando Pereira Caamaño a Lois Tobío Fernández, 1965.

18/01/1965
Ramón Otero PedrayoFernando Pereira CaamañoEduardo PondalLois Tobío Fernández
Compartir en

Montevideo, 18 de Xaneiro de 1965.-

Estimado señor Tobío:
Xa está pra sair da imprenta a súa fermosa laboura sóbor Pondal, que fora premiada no ano 1959 no Certamen Literario orgaizado por Casa de Galicia. Por todo elo, é que me toma a liberdade de poñerlle catro letriñas en nome da Comisión de Instrucción de dita Instituzón (da que son Segredario), pra pedirlle un cativo favore. Este favore, consiste en que me envíe axiña unha biografía súa (algo así como un "curriculum vitae" da sua persoalidade literaria) pra poder faguer unha especie de limiar nos libros, xa a punto de xurdir.
Ten que perdoar ó meu atrevemento de escribirlle sin eisistir antre nos relación algunha (millor dito, fomos presentados cando viñera Otero Pedrayo a Montevideo, naquela xornada de galeguismo sán en que interveñera tamén vostede), anque coido que alá no carozo da nosa i-alma sempre houbo relación.
Co desexo de que ó aninovo veña, pra vostede e os seus, cheo de ledicias, reciba un saúdo afectuoso de
Pereira [sinatura autógrafa]

Rógolle dirixir a súa resposta a:
FERNANDO PEREIRA CAAMAÑO
26 de Marzo 3411. apto. 6
Montevideo.

[na esquina superior dereita hai unha pequena nota escrita a man con bolígrafo azul]: C. 26 xaneiro

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]