Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Manuel Meilán a Lois Tobío Fernández, 1965.

11/08/1965
Manuel Meilán MartínezLois Tobío Fernández
Compartir en

SEMPRE EN GALICIA
AUDICIÓN RADIAL
MERCEDES 973
––––

Montevideo, agosto 11 do 1.965

Siñor Don:
Luís Tobío Fernández
MADRID.- (España)

Ben querido Tobío:
O día 3 do próisimo setembro, "Sempre en Galicia" cumpre QUINCE anos.- ¡Parece que foi onte! ¿verdad? .- Pra festexar o acontecemento ocurríusenos chamar a un concurso literario, como lle informan as bases adxuntas.- O premio e moi cativo; eu digo que e máis simbólico que real, pero dentro das nosas posibilidades económicas, que vosté coñece ben.- Por outra banda, a pesare de pedilo, nonos deron máis.- E temos que conformarnos, pensando que os amigos que nos fagan o honor de nos mandar algún traballo, faranno tendo en conta a nosa modestia.- Estámoslle mandando a alguns inteleituales galegos deGalicia e fora de ela, como eisí tamén aos xornaes galegos.- Penso que algún nos acompañará nesta xeira patreóteca.- Si eisí non fora, doerianos, dende logo, pero teriamos pacencia.-
E moito pedirlle unha nota eitorial pra leela nunha das audiciós que adicaremos a festexar o acontecemento? - Si vosté tivera ou contara cun grabador, sentiriame contento e feliz de pasala coa sua viva voz.- Si así fora, pode mandala a Radio Carve, a direcición que vai enriba.- Creo que "Iberia" transportaas.-
Afectuosos saudos pra sua dona e fillos, e pra vosté un aperta agarimosa
Meilán [sinatura autógrafa]

s/c.- ABELLA nº 2124.- Ap. 2.-

[na esquina inferior dereita hai manuscrita unha nota:] cont. 6-IX-65


SEMPRE EN GALICIA
AUDICIÓN RADIAL
MERCEDES 973
––––

CONCURSO LITERARIO - PREMIO BANCO DE GALICIA

A AUDICION "SEMPRE EN GALICIA" EN CONMEMORACION DO 15º ANIVERSARIO DA SUA FUNDACION E CÓ PATROCINIO DO BANCO DE GALICIA DE MONTEVIDEO, CONVOCA A UN CONCURSO LITERARIO A REXIRXE POL-AS BASES SEGUINTES:

1º A audición "SEMPRE EN GALICIA" convoca a un certame literario encol do tema: "A PERSOALIDADE DE GALICIA NA EUROPA OUCIDENTAL".
2º Poderán participar nél persoas de calquer nacionalidade residentes ou non no Uruguai.
3º Os traballos deberán estar redaitados en idioma galego, non estabrecéndose limitación en canto a estensión.
4º O prazo de presentación dos mesmos finará o 31 de Nadal do 1965.
5º Os traballos deberán presentarse en tres exemprares, escritos a máquina, a dobre espacio, somentes por unha cara; sen nome do autor nin outra referencia e precedidos d'un lema. Este mesmo lema figurará no esterior d'un sobre pechado dentro do que que se incruirá una tarxeta có nome e direición do autor. Os tres exemprares acompañados do sobre, entregaranse ou remitiranse baixo priego lacrado ó BANCO DE GALICIA, 25 de Mayo Nº 471, Montevideo.
6º O xurado calificador estará composto por un membro de SEMPRE EN GALICIA; un membro do PATRONATO DA CULTURA GALEGA; un delegado do BANCO DE GALICIA e un inteleitual galego desiñado a este efeito.
7º O xurado calificador dará o seu fallo por maioría de votos no decorrer do mes seguinte a data de pechamento do prazo de presentación dos traballos. o fallo será pubricado inmediatamente.
8º Pra premiar o traballo mais sobresainte a xuicio do xurado, instituise o premio BANCO DE GALICIA por un importe de $ 3.000,00 m. n.
9º O fallo do xurado será inapelabre.
10º O traballo premiado ficará en propiedade de SEMPRE EN GALICIA reservándose ésta os dereitos de pubricación.
11º O envío dos traballos para este certame imprica pol-a parte dos autores, conocemento e conformidade con estas bases e regramentacions.

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
  • Data:
    11/08/1965
  • De:
    Manuel Meilán Martínez
  • Para:
    Lois Tobío Fernández
  • Orixe:
    Montevideo
  • Destino:
    Madrid
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada, con sinatura autógrafa e con membrete: SEMPRE EN GALICIA. AUDICIÓN RADIAL. Como anexo hai un texto coas Bases do Concurso Literario - Premio Banco de Galicia (tamén co membrete de SEMPRE EN GALICIA), ao que se fai referencia na carta].
  • Notas:
    A carta ten membrete do programa radial galego-uruguaio "Sempre en Galicia" co que colaborara moitos anos Lois Tobío:
    SEMPRE EN GALICIA
    AUDICIÓN RADIAL
    MERCEDES 973
    ––––
  • Termos clave: