Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Rodolfo Prada a Lois Tobío Fernández, 1956.

23/02/1956
CastelaoPedro CouceiroRamón Otero PedrayoRodolfo PradaManuel PuenteLuís SeoaneLois Tobío Fernández
Compartir en

RODOLFO PRADA
CONSTITUCIÓN 4234
Buenos Aires
–––––

23 Febreiro 1956

Señor,
Don Luis Tobío,
26 de Marzo 1089,
MONTEVIDEO. (Uruguay)

Benquerido amigo e irmán:
Supoño que o bo amigo Couceiro lle haberá trasmitido as miñas felicitaciós polo manífico traballo que fixo, a xeito de barudo perpiaño, pra o proieutado Congreso da Emigrazón Galega. Perfeita e lumiosa cada unha das tres partes. Fixen entrega do traballo ao Consello de Galiza e a tudos gostou e alentou moitísimo. Istase traballando encol das fases limiares do proieuto e, no seu intre, se lle informará a vosté o respeuto.
Agora teño o gosto de cumprir outro encárrego pra vosté. Trátase do seguinte: da grandeira obra, que patrióticamente financia noso esgrevio amigo Don Manuel Puente, da Historia de Galicia. Como vosté sabe, vense escribindo por un equipo de especialistas, alá na Terra, baixo a direición de Don Ramón Otero Pedrayo. Xa se recibiron os orixinaes pra os dous primeiros tomos que xa istán sendo imprensados. Don Manuel contratou o traballo ca impresa López de ista cibdá (a mesma que fixo o libro "As Cruces de Pedra na Galiza" de Castelao), en 400 e pico de mil pesos. Amáis de elo, os grabados custarán uns 150 mil pesos. Isto lle dará ideia da importanza da obra. A edizón istá ao coidado de Luis Seoane axudado por mín. Agora ben, témolo probrema da correición das probas, non pola correición simpre en sí, que se podería faguer doadamente en base a os orixinaes, senón pola necesidade de unificar a ortografía dos varios traballos de difrentes autores. Elo comporta unha responsabilidade que somentes pode ser asumida por persoa autorizada por outa preparación inteleitual e amplo conocemento da nosa lingua, pois vai tuda a obra en idioma galego. Con Otero Pedrayo tense acordado que se faga a primeira correición, –e conseguinte unificación ortográfica e linguística–, eiquí, enviándose a éle a derradeira proba pra sere revisada e conformada alá.
Agora ben, Seoane e máis eu entendemos que vosté é a persoa máis calificada nas terras do Plata pra laboura tan importante. Don Manuel atopou perfeita a eleicióne fíxome o encárrego de lle escribir propoñéndolle isa colaborazón e pregándolle queira aceitala, a base, naturalmente, de lle compensar cos honorarios que correspondan, xa que o traballo será fadigoso e lle demandará tempo que vosté perdería de adicar a labouras periodísticas ou editoriaes que lle rinden beneficios.
A impresa xa entregou as probas dos primeiros traballos: o Prólogo e a Descripción Xeográfica de Galicia, ambos de Otero Pedrayo. Si témola a sorte de que vosté aceite a laboura que lle propomos, enviaríamoslle ise material seguidamente. Prégolle, pois, nos favoreza ca sua resposta, o máis axiña que lle sexa posibele.
Aproveito gostoso a oportunidade pra o saudar moi cordialmente, aftmo. s. s. amigo e irmán,
R. Prada [sinatura autógrafa]

P/D.- Eu permítome apelar afervoadamente ao seu patriotismo galego pra que faga o sagrifizo de aceitar o encárrego.
R. Prada [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]