Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1951.

22/11/1951
Fermín Bouza BreyFlorencio Delgado GurriaránRafael DiesteFrancisco Fernández del RiegoÁnxel JohánCarlos MasideLuís SeoaneLois Tobío Fernández
Compartir en

Vigo
22-nov
1951
Meu querido amigo:
Recibín a tua carta, que, como sempre, me produxo a ledicia dos vellos recordos. Doume presa en che respostar pra acompañarche as fotografías que me pides. Non puiden atopar a do illote de San Simón, nin outras máis espresivas. Si dispuxese de algún tempo remesaríache o que desexas. Pero como supoño que che urxen, a ver si así podes saír do paso. Agradeceríache moito que cando se pubrique o artigo, me mandes un exemplar do suplemento.
Xa saíu o segundo número da coleición "Grial". Leva por tiduo "Pintura actual en Galicia". Colaboran Maside, Seoane, Angel Johán, Dieste, Gurriarán, etc. Non tardarás en recibilo, pois certificouse fai uns días â tua dirección. Dime que che parece. Coido que deica agora non se fixo nada semellante. Veremos si podemos seguir avante.
Quixera que, como favor especial, me enviases un ensaio teu, có vello seudónimo que aquí empregache, pra un dos próisimos números. Un dos nosos meirandes anceios é incorporar â publicación un abondoso número de firmas das que teñen algo que decir. ¿Atenderásme?
O Bouza xá está eiquí de regreso. Eu non-o vín, e pouco sei das impresiós que trae da sua xira cultural.
Teño ganas de ir a dar unha volta por esas terras, e poder abrazarvos a todos. Hai momentos en que ise viaxe é pra mín unha verdadeira ousesión. Síntome canso, desalentado, nista brétema que o afoga a un.
Nada máis pol-o momento.
Recibe a forte e cordial aperta de sempre, de
F. del R. [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]