Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1970.

06/05/1970
Francisco Fernández del RiegoLois Tobío Fernández
Compartir en

EDITORIAL GALAXIA, S. A.
Reconquista, 1 - Teléfono 218204
VIGO - 6-maio-1970

Sr. D. Luís Tobío
Madrid

Meu querido amigo:
Recibín a seu tempo a túa carta, como comprenderás. Agora chegáronme as probas correxidas do teu traballo pra "Grial". Faranse as separatas que pides, cando o número se publique.
Estiven tratando de localizar a Fernández de Córdoba, pra lle pedir as cousas que che interesaban. Pero ese home anda con frecuencia fora de Vigo e non puiden dar con el.
Por tal motivo optéi por recurrir á Biblioteca Penzol. Onte mandeiche por correo certificado o "Bosquejo histórico", e o número do "Museo de Pontevedra" no que figura o artigo que me pedías.
Estimaríache moito que tiveses conta de ambos volumes, e que mos devolveses axina como fagas uso deles, pois na Biblioteca non hai duplicados.
Alédame moito a nova de que este ano viredes á Guardia. Confío en que nos vexamos, como é natural.
Garimosos saúdos a todos vós da miña muller e máis meus, e pra ti a cordial aperta de sempre, de

F. del R. [sinatura autógrafa]





C/c. Banco de La Coruña, Banco Pastor, Banco H. Americano
Banco Exterior de España, Caja de Ahorros Municipal de Vigo



O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]