Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Ramón de Valenzuela a Lois Tobío Fernández, 1966.

22/01/1966
Xesús Alonso Montero CastelaoPerfecto LópezManuel PuenteMª del Carmen SolerLois Tobío FernándezConstanza Tobío SolerMiguel Tobío SolerRamón de Valenzuela
Compartir en

RAMÓN DE VALENZUELA OTERO
LICENCIADO EN FILOSOFÍA Y LETRAS
VENEZUELA 452 - 4º - 21
T.E. 30 - 7694
BUENOS AIRES

22 de xaneiro de 1966

Querido Lois:
Desque cheguei estou estudando o programa das oposicións a cátedra de Xeografía e Historia de Institutos.
Mandoumo Alonso Montero e comencei a traballar nel a todo canto podo dar. Nin son compricados nin difíciles, pero son 166 temas que necesariamente compre saber, porque dous dos cinco exercicios son sorte.
As oposición son arredor de xunio, pero non sei xusto cando, cousa que ben me compría pra axeitar o tempo.
Se non aprobo, cousa moi posibel, verei, tamen, de me quedar ahí, a ser factibel traballando nun colexio privado e donde non aproveitando a miña esperiencia de comerciante.
Co que levo estudado, e calculando o tempo que falla, penso que pra xunio tereille dada unha volta a todolos temas, ainda que non sei se na intensidade e, sobor de todo, na direición que se precisaría.
O caso é que, sexa como sexa, non nos parece que teña ningun sentido o prolongar a nosa vida eiquí.
Fernando ficará en Europa perante 5 anos mais, que pode prolongar a 7. José Ramón comenzou un traballo de corredor dunha casa de eleitricidade e toma os estudos de esguello, cousa que poderá facer en calquera sitio a onde vaya ..... e os feitos de Sudamérica "no andan de buena guisa".
As cousas da nosa coleitividade siguen coma sempre. Variación sobre o mesmo tema. Os "petrucios" quitaron un periódico que dirixe un fillo de Perfecto López. Polo de agora ainda non se meteron con ninguén. Siguen todos soñando nos cartos de Puente, pero resulta que tamen Puente soña no mesmo, nos seus cartos e, soño vai, soño ven, pasan a vida soñando. Cando espertan, ven que Puente tamén está esperto porque él, pra soñar con cartos non precisara durmir.
Os do Consello celebran xuntanzas cada tres meses ou denantes se morre algun dos compoñentes. Teñen previsto que farán xuntanza de urxencia en caso de que caia o goberno ainda sen previo aviso. Conqueriron que a Municipalidad de Buenos Aires lles dira un posto na comisión do moimento a Castelao, o cal é de decisiva importancia pra o futuro de Galiza, pois con esa representación o Consello medrou aos ollos do diputado Parraviccini de UCRI, de Belnnicoff de UCRP e mais do concellal Romanini de Udelpa.
E nos, coma decote, pola Federación, facendo o que se pode, que non é moito.
Unha forte aperta pra María del Carmen, Constanza e Miguel e ti recibe outro moi forte

[Ramón Valenzuela] [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]