Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Seoane a García Sabell. 1976

20/04/1976
Luis Caparrós MuñozDomingo García-SabellLuís SeoaneMaruxa SeoaneElena Tormo
Compartir en



Buenos Aires, 20 de Abril de 1976

Dr. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Recibín, fai dias, a tua carta que agradezo moito. E recibín tamén, de Galaxia, o númaro de Grial onde ven a presentación que fixeches en Arenas de Ramallos, Caracolas... etc que me parece espléndida logo de friamente leída –fríamente é un decir–, lonxe da mistura de sentimentos que produce o estar esposto ao público escoitando os eloxios encol de un. E a min a tua presentación prodúxome unha fonda emoción que che agradezo, o mesmo que as verbas adicadas a Maruxa e o meu amor por ela. Quixera que me conseguises e gardaras outro númaro de Grial para o meu regreso, pois quero telo ahí, na Coruña, aparte do que teño aquí.
E, agora, unha consulta. Levo feito mais de duascentas Figuracións na Voz de Galicia e non sei si esta sección cansa ou non ás xentes. Si é util. A min góstame facela aínda que me amole a cantidade de erratas que deixa pasar o corrector, erratas que ás veces trocan o senso de algún párrafo. E aínda tamén que estando en Buenos Aires non poda adicala unicamente a xentes galegas como é o meu desexo, e deba facelo con xentes arxentinas ou de outras terras que pasen por aquí, ou que viven aquí. A min, o facela, descánsame de outros traballos.
Este ano teño moitas exposicións, Buenos Aires, Rosario, Mar del Plata, outra de grabados en Buenos Aires e unha que me pedíu a Sociedade Arxentina de Arquitectos, dos bocetos dos murales que fixen, como un acto mais da celebración do seu 90 aniversario. É un ano para mín de moito traballo.
Recibín carta de Caparrós agradecemento o dibuxo que lle fixen. Contestareina facéndolle outro do natural na Coruña.
Recibide Elena e tí unha aperta coa fonda amistade de Maruxa e miña:

Seoane.

Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    20/04/1976
  • De:
    Luís Seoane
  • Para:
    Domingo García-Sabell
  • Orixe:
    Bos Aires
  • Destino:
    Santiago de Compostela
  • Ficha descriptiva:
    [Carta mecanografada]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: