Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de García Sabell a Seoane. 1976

11/05/1976
Domingo García-SabellRamón Otero PedrayoLuís SeoaneMaruxa SeoaneElena Tormo
Compartir en


11-V-76
Querido Luis:

Aledoume moito que as páxinas do meu Xornal –que ti escoitaras en Arenas– foran, agora, do teu gusto. Como outras moitas sobor de tí, aínda inéditas, foron escritas con absoluta sinceridade –i entranable emoción–.
Respecto ás Figuracións, penso que debes seguir. Non importa que os retratados sexan persoas alleas. Sempre interesan, e o ambente que eu recollo non é, nin moito menos, de cansacio. O que importa é elexir ben, e polo momento non vín ningunha figura anodina. Noutras verbas: a sección está viva. Compre, pois, non matala.
Eiquí andivemos –e andamos– moi conmovidos co pasamento de don Ramón. O enterro foi un espectáculo impresionante de forza galega e de unanimidade patriótica. Xa che contarei.
É estupendo que teñas tanto traballo –e tanto éxito–. Pro o que a mín me gustaría é que voltases axiña. Temos moito qué facer. Polo pronto, o libro encol de Santiago, que eu penso escribir tan pronto como nos reunamos. Anímate, e apresura o regreso.
Xa teño o número de Grial. Na vosa agarda, envío de parte de Elena e miña, fortes apertas para Maruxa e para ti.

Domingo

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]
  • Forma parte do conxunto:
  • Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
  • Data:
    11/05/1976
  • De:
    Domingo García-Sabell
  • Para:
    Luís Seoane
  • Orixe:
    Santiago de Compostela
  • Destino:
    Bos Aires
  • Ficha descriptiva:
    [Carta manuscrita]
  • Localización física:
    Fundación Luis Seoane
  • Termos clave: