Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Francisco Fernández del Riego a Lois Tobío Fernández, 1961.

06/09/1961
Jesús Bal y GayFrancisco Fernández del RiegoÁlvaro Gil VarelaRamón Otero PedrayoIsidro Parga PondalFermín PenzolEmilio PitaLois Tobío Fernández
Compartir en

[Vigo]
6-set.
1.961

Sr. D. Luís Tobío Fernández
Montevideo

Meu querido amigo:
Recibín a túa do 10 de agosto pasado. Demorei un algo o respostarche, porque andiven a matinar sereamente na proposta que me fas. Por outra banda, tamén Otero Pedrayo leva unha tempada en Santander, e non voltará a Galicia ate meiados de mes.
Si os moitos agobios que pesan riba de min non me fixesen dubidar, teríache escrito a volta de correo, acollendo con entusasmo a idea de colaborar contigo dende eiquí, no choio de levar avante a Historia de Galicia. Pero son tantas as obrigas que hei de atender, que sentín medo de comprometerme a te axudar. Porque, craro está, a axuda ten de ser efeitiva no orde dos logros que se tencionan. Ben me decatei, dende o primeiro intre, que Otero non era o home chamado a iste labor, que non vai co seu temperamento. E, seguramente, il agradecería que se lle aforrasen os traballos engorrosos, alleos á tarefa inteleitual de dirixir a Historia. Niste senso, comprendo cales son os teus propósitos, i eu, por razós de galeguidade e de amistade contigo, non podería negarme a secundalos.
Trataréi, pois, de facer todo canto esteña nas miñas mans, pra normalizar o traballo que eiquí me encomendes. Nembargante, non quería deixar de te advertir que apenas dispoño de tempo pra nada. Unha das cousas que máis horas me ausorben e máis preocupaciós me causan, é Galaxia. Mesmamente, porque a vida comercial da Editora esmorecía, tiven que me faguer cargo da direición da Xerencia, e todas as horas me son poucas pra revitalizar e dar novos pulos á empresa. Ademáis, agora ando metido na creación dunha grande Biblioteca, que se nutrirá cos fondos que posee Penzol, e que nos donóu pra tal fin. Xa temos alquilado o local, e contamos coa promesa de outras interesantes aportaciós bibliográficas. Queremos chegar a facer un importante centro de estudo, no que centralizaremos, reproducidos en microfilm, cantos documentos de interés romanístico andan esparexidos polas bibliotecas estranxeiras. Dise xeito poderemos chegar a dispoñer dun valioso centro, pra que os universitarios galegos traballen debidamente sin necesidade de saír de Galicia. Velahí, pois, unha nova laboura de envergadura, en cuia orgaización tamén me comprometín.
Polo demáis, decátome sobradamente das razós que espós na túa carta, e que considero xustificadísimas. Conta polo tanto conmigo, dende agora, pra o que me sexa posibre facer. En tal senso deberás sinalarme, periódicamente, os puntos concretos do que hei realizar de acordo co plan trazado por tí.
Xa falei con Parga, sobre o asunto da parte xeolóxica da Historia. Autorizoume pra que che comunicase que podías seguir avante co texto que ahí tes, pois renuncia a toda correición.
Non quero iniciar xestión algunha, ate que teñas a conformidade de Otero. Non por outra cousa, sinon por delicadeza e respeto á súa persoa.
Supoño que Alvaro Xil non falaría co cartógrafo sobre a reprodución do grande mapa estraviado. Digo isto, pola esperencia de outras cousas semellantes. Si consideras que ainda hai tempo de emprincipiar unha nova xestión, indícame o prazo de que podo dispoñer, e comunicareime co cartógrafo a traveso dun amigo común.
Con respeito á música popular na parte etnográfica da obra, i estando fora deiquí Bal e Gay, non vexo persoa axeitada e de solvencia que puidera encarregarse do asunto. Seméllame que non estaría mal encomendarllo a Pita.
E isto é todo polo de hoxe. Recibe a forte aperta de sempre, de
Fernández del Riego [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]